RADIO SOR

 

 

SERIE: MENSAXES NUNHA BOTELLA

Esta serie de episodios recompila todas as publicacións relacionadas co noso proxecto documental integrado 2023-2024, que trata sobre o mar.

 

Neste episodio, as mestras e mestres narran o conto "A Orixe das Sereas" de Beatrice Blue, mais  unhas misteriosas interferencias interrompen a transmisión... Que serán?

 

 

 

 

SERIE: OS OFICIOS DE MAÑÓN

Nesta serie de episodios, titulada "Os oficios de Mañón", entrevistamos a varios veciños do concello que se dedican a diferentes profesións para coñecer un pouco máis sobre o seu traballo.

 

No primeiro episodio, Aia e Zaira entrevistan ao Alcalde do noso concello, Alfredo Dovale Pedreira. Queres sabes máis sobre o seu traballo? Dalle ao "play".

 

No segundo episodio, Rubén entrevista a Lorena e Cruz, dúas mariscadoras da ría do Barqueiro.

 

No episodio 3, Zoe e Iago entrevistan a Sonia, camareira no Chiringuito de Esteiro.

 

No cuarto episodio, Uxía entrevista a Florian Funke, matemático alemán que se mudou coa sua familia ás Grañas e, dende alí, traballa telemáticamente como enxeñeiro en ciencias de datos para unha empresa española-alemá.