O NOSO CENTROBIBLIOTECA ESCOLARCALENDARIOA NOSA MASCOTALIGAZÓNS DE INTERESEACTUALIDADE EDU.XUNTA
Iniciar sesión |
Responder ó comentario
SERIE: MENSAXES NUNHA BOTELLA Esta serie de episodios recompila todas as publicacións relacionadas co noso proxecto documental integrado 2023-2024, que trata sobre o mar.
Neste episodio, as mestras e mestres narran o conto "A Orixe das Sereas" de Beatrice Blue, mais unhas misteriosas interferencias interrompen a transmisión... Que serán?
SERIE: OS OFICIOS DE MAÑÓN Nesta serie de episodios, titulada "Os oficios de Mañón", entrevistamos a varios veciños do concello que se dedican a diferentes profesións para coñecer un pouco máis sobre o seu traballo.
No primeiro episodio, Aia e Zaira entrevistan ao Alcalde do noso concello, Alfredo Dovale Pedreira. Queres sabes máis sobre o seu traballo? Dalle ao "play".
No segundo episodio, Rubén entrevista a Lorena e Cruz, dúas mariscadoras da ría do Barqueiro.
No episodio 3, Zoe e Iago entrevistan a Sonia, camareira no Chiringuito de Esteiro.
No cuarto episodio, Uxía entrevista a Florian Funke, matemático alemán que se mudou coa sua familia ás Grañas e, dende alí, traballa telemáticamente como enxeñeiro en ciencias de datos para unha empresa española-alemá.
Responder |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |