ADMISIÓN E MATRÍCULA

 

O prazo para presentar solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2024-25 será do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).

As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro educativo ou mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Tamén se poderán presentar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

MODELO SOLICITUDE GALEGO

 

MODELO SOLICITUDE CASTELÁN

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

O prazo de presentación abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

 

FOLLA A CUMPRIMENTAR:

O modelo ED550A e os anexos estarán dispoñibles a partir da data de inicio do correspondente prazo de presentación: na aplicación admisionalumnado, na sede electrónica da Xunta de Galicia e no centro docente onde se facilitará, de forma gratuíta, unha copia en papel ás persoas interesadas que a soliciten.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN:

Poderase presentar de forma electrónica e presencial.

 

a) Presentación electrónica de solicitudes:

1. A persoa solicitante ten que acceder á aplicación informática admisionalumnado e cubrir o modelo ED550A - anexo I  para o que necesariamente ten que dispoñer dun certificado de identidade e sinatura dixital (como o certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre ou calquera outro admitido pola sede) ou un sistema de usuario e clave como a Chave365.

2. Ademais, terán que cubrir o modelo anexo I-bis ou o modelo anexo II-bis (comprobación de datos e consentimento), segundo corresponda, imprimilo, e unha vez asinado de forma manual pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora, escanealo.

3. A seguir, a aplicación permite conectar coa sede electrónica da Xunta de Galicia para asinar e presentar a solicitude utilizando calquera dos medios de identidade e sinatura do punto 1. Xunto coa solicitude deberá achegar o anexo I-bis ou o anexo II-bis e o resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas...).

4. O xustificante da presentación electrónica da solicitude só se xera cando a persoa a asine e a presente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e indica a data de presentación.

 

b) Presentación presencial de solicitudes:

1. A solicitude de reserva (ED550A) e o anexo I-bis, pode presentarse no centro docente no que estea matriculado nese momento o alumnado (neste caso o CEIP Francisco López Estrada).

Tamén se pode presentar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. Tamén deberá ir acompañada da documentación indicada no anterior punto 3 da letra a).

3. É necesario o consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero.

En consecuencia, todas as solicitudes deben figurar asinadas por unha das persoas proxenitoras/titoras/acolledoras, e debe xuntarse a todas o documento asinado co consentimento da outra.

Non obstante, nos casos de ausencia puntual da outra persoa proxenitora non separada nin divorciada, ou da outra persoa titora ou acolledora por circunstancias excepcionais (laborais, familiares, ...), poderá admitirse a presentación dunha declaración responsable da persoa que asine a solicitude indicando o motivo que impida o consentimento expreso da outra.

O período para formalizar a matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos.

Os impresos de solicitude pódense recoller no centro ou descargar nos adxuntos.

Documentación que se solicita para formalizar a matrícula:

  • Documento de formalización de matrícula cuberto e asinado. (Anexo III-1)
  • Fotocopia da folla do Libro de Familia na que figure inscrito o/a alumno/a.
  • Fotocopia do Libro de Familia Numerosa, se é o caso.
  • Fotocopia da tarxeta do SERGAS ou equivalente.
  • Certificado Médico no que conste que non padece enfermidade infectocontaxiosa.
  • Cartilla de vacunación.
  • Certificación académica do centro no que o/a alumno/a estivo matriculado no curso 2022/2023 (para o alumnado de Educación Primaria).
  • Certificado de discapacidade, se é o caso.
  • Catro fotos tamaño carné co nome ao dorso.

Con toda a documentación deben de traer os seus orixinais e copias.

Prazo de solicitude de admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos do 1 de marzo ao 20 de marzo

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar en  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

SOLICITUDE GALEGO

SOLICITUDE CASTELÁN

O alumnado de 6º de Educación Primaria deberá facer a solicitude de reserva de praza para o IES de OrtigueiraO prazo está aberto dende o 16 de xaneiro ao 6 de febreiro (ambos inclusive) e a solicitude poderase cumprimentar en papel (modelo ED550A - GALEGO / CASTELÁN) ou a través da aplicación admisiónalumnado no menú:

 

Solicitudes > Reserva > Crear

 

Esta solicitude deberá ser presentada no centro educativo de orixe (CEIP Francisco López Estrada) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia , para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

Distribuir contido