FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2021-2022

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2021-2022

 

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula entre o 21 e o 30 de xuño

DOCUMENTACIÓN:

  • ANEXO III-1   (GALEGO)    (CASTELÁN)

  • Certificado de empadroamento expedido polo Concello

  • 4 fotos tamaño carné 

  • Fotocopia do DNI dos proxenitores ou titor/a legal e do alumno/a se o ten

  • Fotocopia do libro de familia (se non se presentou coa solicitude de admisión)

  • Fotocopia da cartilla sanitaria

  • Fotocopia do boletín de vacinas ou certificado médico

  • Manifestación expresa do pai/nai ou titor/a legal da vontade de que o alumno/a reciba ou non ensinanza relixiosa

  • Cuestionario sobre a lingua materna (para as familias de Ed. Infantil)

 

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Xa se poden solicitar as axudas de libros e material escolar para o vindeiro curso 2021-2022 

  • PRAZOS:

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

22 DE XUÑO DE 2021 (este incluído)

DEVOLUCIÓN DE LIBROS

22 DE XUÑO DE 2021 (prazo máximo)

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS

9 DE XULLO DE 2021

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

20 DE XULLO DE 2021

O alumnado de 5º e 6º de EP non deberá solicitar axuda para os libros de texto xa que contará cos libros en versión dixital, dado que centro foi admitido no proxecto E-dixgal. Si poderá solicitar a axuda para o material.

 

Por protección de datos persoais a consulta das listaxes pode realizarse  no taboleiro de anuncios do centro 

 

 

 Adxuntamos tamén aquí o impreso para a solicitude dos servizos complementarios para o vindeiro curso 2021-22

 

LETRAS GALEGAS 2021

XELA ARIAS

Aquí tedes unhas actividades da Real Academia Galega para saber máis sobre Xela Arias...

 

E aquí outra, tamén da Real Academia, donde teredes que descubrir 

unha combinación secreta

Tamén podedes acceder a estas e outras actividades sobre Xela desde a Aula Virtual

 

 E aquí os debuxos do alumnado e outras actividades...

 

DÍA DO LIBRO. 23 DE ABRIL

 

     O venres 23 de abril celebramos o Día do Libro.

     En colaboración coa Biblioteca Municipal do Concello de Mañón, iniciamos neste día a elaboración dun libro de animais no que participa todo o alumnado:  colorean láminas e poñen o nome do animal, buscan información en libros da biblio do cole e tamén nun lote de libros que nos preparou Begoña (a bibliotecaria do Concello), escriben a información máis importante, anotan a bibliografía empregada,...

     Esperamos telo rematado axiña e poder amosarvos o resultado.

 

Feliz día do Libro!!!!

  

  

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2021-2022

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS

Pode consultarse:

  • No taboleiro interior do centro
  • Na aplicación AdmisionAlumnado  (coa Chave365 ou certificado electrónico)

NOTA: TODO O ALUMNADO DE ED. INFANTIL FOI ADMITIDO

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2021-22

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Prazo aberto do 1 de marzo ao 20 de marzo

  • Pódense presentar as solicitudes en formato de papel (modelo ED550B) neste centro (CEIP Francisco López Estrada) ou a través da aplicación ADMISIONALUMNADO

          As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "W" e "S"; asimesmo, afectan ao segundo apelido as letras "B" e "F".

 

 

 

RESERVA DE PRAZA 

Dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro (ambos inclusive) queda aberto o prazo de solicitude de reserva de praza  nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. Pódense presentar as solicitudes en formato de papel (modelo ED550A) neste centro (CEIP Francisco López Estrada) ou a través da aplicación "admisionalumnado"

MODELO ED550A-GALEGO         

MODELO ED550A-CASTELÁN

Pódese consultar toda a información relativa a este proceso na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849

 

25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe celebramos no noso cole o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

En Infantil traballamos o conto "ROSA CARAMELO" .

O alumnado de Primaria escribiu LEMAS moi importantes

CONTRA A VIOLENCIA  e POLA IGUALDADE.

Aquí tedes unha mostra do noso traballo

  

 

Tamén podedes ver o vídeo na aula virtual do cole

 

Ao final da xornada todos os nenos e nenas, persoal docente e non docente foron agasallados cunha camiseta e unha pulseira que xentilmente donou o Concello de Mañón.

    

Moitas grazas pola colaboración

Distribuir contido