Un dos fenómenos meteorolóxicos máis interesantes é o arco iris ou arco da vella.
Unha ponte entre o reino dos deuses e o dos homes, un camiño que conduce a un gran tesouro, o encargado de transmitir as mensaxes do ceo... Son moitos os significados que, en forma de lendas, mitos e contos populares, se lle teñen atribuído ao arco iris.
A realidade é que se trata dun fenómeno óptico de grande espectacularidade. Cando os raios solares atravesan as pingas de chuvia, a luz descomponse en cores, cambia a súa dirección e sae da gota cun ángulo de aproximadamente 138º con respecto á súa dirección orixinal. Por causa disto, só vemos o arco da vella se estamos de costas ao Sol.
Raramente o apreciamos ao mediodía, mais si pode aparecer pola noite. Neste caso, o que se reflicte é a luz lunar sobre a choiva nocturna.
O arco da vella non ten final porque simplemente é luz, mesmo podemos facer que desapareza se poñemos unhas gafas especiais.
RETO:
Nestes días outonais de chuvia estanse a contemplar moitos arcos da vella, así que o reto consiste en fotografar todos os que poidades e subilos ao noso Padlet.
Podedes pedir axuda aos adultos da casa para tomar as fotos, pois é un "reto en familia".