O NOSO CENTROBIBLIOTECA ESCOLARCALENDARIOA NOSA MASCOTALIGAZÓNS DE INTERESEACTUALIDADE EDU.XUNTA
Iniciar sesión |
Responder ó comentarioO recinto do colexio está completamente pechado. Neste atópanse o edificio principal e o pavillón polideportivo. O edificio principal consta de dúas plantas. Na planta baixa atópanse o comedor escolar, a cociña, despensas, aulas de Educación Infantil, aula multiusos, biblioteca, Polo Creativo e despachos. Na segunda planta atópanse as aulas das diferentes titorías, aula de música, aula de inglés, departamento de orientación, aula de plástica, radio escolar, sala de mestres/as e laboratorio. Na zona exterior están situados os patios. Un deles delimitado para os máis pequenos do colexio (Educación Infantil), con materiais adaptados a idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos, un parque infantil, zonas verdes e arboladas e horto escolar. Na parte dianteira do colexio, atópase un pequeno patio exterior con dúas canastas para a práctica de actividade física e máis un recinto polideportivo completamente cuberto.
Responder |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |