ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

Durante a semana do 8 de marzo as nenas e nenos fixeron un traballo de recompilación de información sobre mulleres do noso concello. Cada participante escolleu unha muller do seu entorno que viviu ou vive en Mañón e aportou unha imaxe e información sobre as súas ocupacións.

Aquí mostramos o produto final do proxecto. Recomendamos velo co son activado e nunha tableta ou ordenador, a pantalla completa.

 

 

A mascota da nosa biblio quere desexarvos un bo Nadal e recomendarvos unhas cantas lecturas para estas vacacións. Facede click na imaxe de Chip para desplegar o tríptico coa lista de libros. Tamén podedes descargar a versión en .pdf pinchando no arquivo adxunto máis abaixo.

Bo Nadal e feliz aninovo!

Distribuir contido