ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

A compañía Berrobambán arrancou esta semana no Concello de Mañón a segunda temporada de "Facer Memoria", un proxecto escénico e vivencial no  que se  brinda voz ao público para contar no teatro as súas lembranzas, e quixeron pasar un ratiño no noso centro coas rapazas e rapaces para falar do traballo que realizamos o curso pasado, "As Mulleres do Concello de Mañón".

Facer memoria, é un proxecto que conta co apoio da Deputación da Coruña a través da liña de axudas a Proxectos Singulares de Especial Interese Cultural na Provincia da Coruña, parte así da tradición oral, da creación comunitaria e da descuberta colectiva para desenvolver un proceso teatral que desemboca nun encontro-espectáculo no auditorio municipal de cada concello no que a veciñanza participante intervirá sobre as táboas.

Os obxectivos principais de Facer Memoria pasan por coñecer a historia dos lugares que habitados e a súa contorna directa, recuperar a memoria oral, conservar a lingua e darlle valor á memoria individual como paso previo para reconstruír a memoria colectiva. Para acadar estas metas, establécense sinerxías e técense redes de colaboración con asociacións e entidades locais dos diferentes municipios polos que xirará este proxecto de Berrobambán.

 

 

Ola pequenos peregrinos e peregrinas!

Como xa sabedes, este ano Xacobeo estamos a dedicarlle especial atención ao Camiño de Santiago. Lembrades o disfraz do Entroido? Agora que xa sodes uns expertos/as na indumentaria dun peregrino, é momento de calzar as botas e poñernos a andar. Pero antes de desfrutar do último tramo do Camiño en vivo e en directo (nunha visita que estamos planificando a Santiago próximamente), podedes realizar o voso camiño de xeito virtual e aprender cousas moi interesantes neste xogo que elaboramos para vós.

(Recomendado ver en pantalla completa e co son activado).

Aqui

 AQUÍ TEDES ACTIVIDADES COAS QUE PODEDES APRENDER MÁIS SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 

BIOGRAFÍA FLORENCIO DELGADO

          O ROSCO DE FLORENCIO DELGADO  

 A RULETA DE FLORENCIO

AS AVENTURAS DE FLORENCIO

Distribuir contido