ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

Hoxe Aia e Zaira, de 6°, achegáronse á Casa do Concello para facerlle unha pequena entrevista ao alcalde, Alfredo Dovale Pedreira.

Moitas grazas, Alfredo, por recibirnos e dedicarnos un rato do teu tempo. 

O programa completo de radio, xunto coas demais entrevistas, será publicado a comezos de curso.

 

O pasado venres realizáronse as primeiras entrevistas para a nosa radio.

Queremos dar un millón de grazas a Janine Funke e Anika Damm por facer isto posible, e ás veciñas e veciños entrevistados por compartir un anaco do seu valioso tempo e contarnos cousas moi interesantes.

Parabéns ao alumnado de 4º, 5º e 6º polo traballo realizado, as ganas de aprender e o entusiasmo amosado.

Próximamente daremos a coñecer o logo e poderedes escoitar os primeiros podcasts.  Mentres tanto, aquí deixamos unhas imaxes...

  

  

  

 

(Facer click nas imaxes para agrandar)

 

 

 

 

Un dos nosos obxectivos e concienciar ás futuras xeracións da importancia de coidar o medio ambiente. Neste senso, este curso programáronse diversas actividades como unha excursión á praia de Esteiro para recoller lixo, que tivo lugar en marzo, ou unha saída á praia de Xilloi coa asociación Nordés, que se realizará en xuño e da que pronto vos informaremos con detalle. 

 

Nesta mesma liña, o obxectivo deste reto é fomentar a creatividade e conciencia ambiental das nenas e nenos, a través da elaboración de artesanías coas súas familias utilizando materiais de refugallo.

 

 

O desafío consiste en elaborar unha artesanía que teña unha función práctica ou decorativa, utilizando material de refugallo. A idea é que os participantes transformen materiais que normalmente se consideran lixo en algo útil e/ou fermoso.

 

Os materiais  poden ser moi variados, dende botellas de plástico, cartón, papel, latas, ata téxtiles, madeira, entre outros. A creatividade dos participantes non ten límites, poden utilizar os materiais que teñan á súa disposición na casa, na escola ou na súa comunidade.

 

Duración do desafío: aproveitando que o 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos, escóllese ese día como data límite. Nestas semanas, os participantes poderán elaborar as súas creacións e traelas ao colexio onde se irán expoñendo. 

 

 

Todos os participantes recibirán un pequeno agasallo ao finalizar o reto.

 

Estamos desexando ver as vosas obras de arte!

 

 

 

Lembrade que estes retos son sempre voluntarios e teñen a principal finalidade de facer que nenas e nenos pasen tempo realizando actividades creativas e divertidas coas súas familias.

 

Distribuir contido