ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

Rafael López Loureiro, mestre de escola de Cedeira (A Coruña) foi o responsable de redescubrir esta tradición e comprobar que existía por toda Galicia ata fai menos de trinta anos. Ademais, tamén se comprobou a súa pervivencia no norte de Cáceres, en torno á zona na que se atopan as aldeas de lingua galega e en zonas de Zamora e León próximas a Galicia e onde a lingua e as tradicións galegas están moi arraigadas. Ademais, este estudante analizou a relación da costume das cabazas co culto á morte e unha semellanza coas tradicións irmás das illas británicas. Hasta chegou a detectar peculiaridades como a de Quiroga (Lugo), onde a cabaza tallada secase e conservase para usala como máscara no Entroido. O seu traballo sobre esta tradición, recollido no libro "Caliveras de melón" e noutra de posteriores aparición, comezou a chamar a atención dos antropólogos. 

Hoxe en día celebrase con gran arraigo o Samhain ou Samaín (adaptación ao gallego da palabra gaélica) en algunhas das cidades e pobos de Galicia. 

Dende o CEIP Francisco López Estrada compartimos con todos vos, as fermosas cabazas que fixeron para esta exposición tan outonal.

 

Os muíños de auga ou aceas construíanse á beira dos ríos, realizando unha presa para embalsar auga e conseguir unha diferenza de altura. A auga do encoro corría por un canal ou cano e movía unha roda con penas (pás) chamada rodicio, a que á súa vez movía as pedras ou moas do muíño. Ao conxunto formado polo encoro e máis o cano de alimentación do muíño chámaselle popularmente caneiro, sendo xunto cos caneiros de pesca elementos característicos da paisaxe dos ríos galegos.

Dende o centro educativo coñecemos o funcionamento dos muíños e das distintas partes que o conforman. Acercándonos de preto ás beiras do río Sor. Visitamos posteriormente o muíño de Arganzo para poder presenciar in situ cómo funcionan na realidade. 

 

A lectura é a chave prodixiosa da información, da cultura, do mundo da ficción, da fantasía. A importancia da lectura nos nenos baséase nos seus beneficios á hora de estudar e adquirir coñecementos. A colaboración dos pais é necesaria para impulsar o proceso de aprendizaxe.

¿Qué beneficios nos aporta?

1. Enriquece a relación adulto-neno

Nesta relación máxica, neno-adulto-libro, o pai, a nai son os encargados de marabillar ao seu fillo co libro e de descubrirlle o mundo sorprendente que garda. Estes momentos de lectura son moi gratificantes, porque están, ademais, envolvidos en afectividade.

2. Familiariza ao neno cos textos

- Afacéndolle ao obxecto: ao neno gústalle imitar aos seus pais.

- Mostrándolle que os pequenos signos negros teñen un significado.

- Facéndolle experimentar a permanencia da palabra escrita. Cando chegue ao colexio, a lectura pareceralle unha actividade necesaria e interesante.

3. Amplia e organiza o universo do neno

Tanto as imaxes como os textos axudaranlle a:

- Coñecer o mundo.

- Coñecerse a si mesmo.

- Dominar a contorna real. Os textos adiantaranlle, ademais, futuras experiencias.

4. Desenvolve as capacidades mentais do neno

- Memoria. O neno poderá contar o conto que lle leu, seguindo as imaxes.

- Linguaxe. A través da lectura oída, o pequeno ampliará o seu vocabulario e aprenderá frases cada vez máis complicadas.

- Capacidade de abstracción. O neno establece a relación entre os obxectos que viu na realidade e a representación dos mesmos nas ilustracións. Pasa, en consecuencia, a un nivel de abstracción.

- Imaxinación. A partir da imaxe e do texto, o neno comeza a construír a súa propia representación, a crear unha realidade na súa mente.

Compartimos con vos este traballo que fixemos entre todo o alumnado do CEIP Francisco López Estrada, conmemorando o día do libro: 23 de abril de 2017. Esperamos que vos guste. 

      

A Etapa de Educación Infantil tamén puido disfrutar dunhas xornadas de festividade e celebración do Día Internacional das Bibliotecas. 

Xuntos puidemos acercarnos á lectura fomentando os contos, cun marcado carácter temático do día do Samaín. 

  Por iniciativa da Asociación Española de Amigos del lIbro Infantil y Juvenil, desde 1997, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, se celebra cada 24 de outubro o Día da Biblioteca, co obxectivo de concienciar a  sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor dos bibliotecarios/as. 
Cada ano se encarga a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados. 
 
  Este ano as autoras seleccionadas son Ledicia Costas e Elena Odriozola, Premio Nacional de Literatura Infantil e Ilustración 2015, respectivamente.
   
   No noso centro celebraremos este día mañá debido a cantidade de actividades que xa estaban previstas para hoxe. Farémolo coa lectura na biblioteca de contos e historias por parte dunha mestra e dúas nais. Mañá vos contaremos como o pasamos!
 

Distribuir contido