Responder ó comentario

A lectura é a chave prodixiosa da información, da cultura, do mundo da ficción, da fantasía. A importancia da lectura nos nenos baséase nos seus beneficios á hora de estudar e adquirir coñecementos. A colaboración dos pais é necesaria para impulsar o proceso de aprendizaxe.

¿Qué beneficios nos aporta?

1. Enriquece a relación adulto-neno

Nesta relación máxica, neno-adulto-libro, o pai, a nai son os encargados de marabillar ao seu fillo co libro e de descubrirlle o mundo sorprendente que garda. Estes momentos de lectura son moi gratificantes, porque están, ademais, envolvidos en afectividade.

2. Familiariza ao neno cos textos

- Afacéndolle ao obxecto: ao neno gústalle imitar aos seus pais.

- Mostrándolle que os pequenos signos negros teñen un significado.

- Facéndolle experimentar a permanencia da palabra escrita. Cando chegue ao colexio, a lectura pareceralle unha actividade necesaria e interesante.

3. Amplia e organiza o universo do neno

Tanto as imaxes como os textos axudaranlle a:

- Coñecer o mundo.

- Coñecerse a si mesmo.

- Dominar a contorna real. Os textos adiantaranlle, ademais, futuras experiencias.

4. Desenvolve as capacidades mentais do neno

- Memoria. O neno poderá contar o conto que lle leu, seguindo as imaxes.

- Linguaxe. A través da lectura oída, o pequeno ampliará o seu vocabulario e aprenderá frases cada vez máis complicadas.

- Capacidade de abstracción. O neno establece a relación entre os obxectos que viu na realidade e a representación dos mesmos nas ilustracións. Pasa, en consecuencia, a un nivel de abstracción.

- Imaxinación. A partir da imaxe e do texto, o neno comeza a construír a súa propia representación, a crear unha realidade na súa mente.

Compartimos con vos este traballo que fixemos entre todo o alumnado do CEIP Francisco López Estrada, conmemorando o día do libro: 23 de abril de 2017. Esperamos que vos guste. 

      

Responder