A música como ferramenta de inclusión

Este venres puidemos desfrutar dunhas fermosas cancións, interpretadas por unhos músicos estupendos, cos que puidemos aprender moito.

Conseguiron achegarnos a súa música e a súa cadapacidade de expresión mediante a mesma. Todos nos sentimos moi orgullosos de poder escoitar o que estas persoas transmiten, desfrutan facendo música e achegandoa aos demáis. 

Como mellora a música o desenvolvemento das persoas con discapacidade?

- É un elemento que, ao combinar os 5 sentidos, potencia o desenvolvemento sensorial, a creatividade e a motivación.

- Escóitaa e reprodución de sons musicais, a interiorización do ritmo, o compás e a melodía, inciden nas capacidades físicas e psicólógicas das persoas. Así, melloran a súa resposta corporal e a motricidad.

- A música desbloquea medos e mitiga a ansiedade.

- A música favorece a capacidade de comunicación, a expresión oral e a transmisión de sentimentos.

- A música satisfai as necesidades de lecer e evasión e constitúe unha canle alternativa para transmitir os nosos sentimentos doutra maneira, pois non todos sentimos cómodos pola vía tradicional.

Todos os membros do centro educativo, puidemos ver en primeira persoa a gran labor que fai a música como eixe inclusivo, e que por riba de todo o importante nesta vida e manterse activo e sobre todo, ser feliz. 

Divertímonos xogando ao Bádminton

O bádminton é un deporte de raqueta coa mesma dinámica que o tenis pero con moitas diferenzas que se converten en vantaxes. Para empezar, tanto a raqueta de bádminton como o volante ou pluma que se utiliza son moito máis lixeiros que unha raqueta ou unha pelota de tenis, polo que o impacto non afecta o desenvolvemento das articulacións dos nenos. Pero ten moitos máis beneficios. Entre eles:

- Un dos beneficios máis evidentes do bádminton é o desenvolvemento de certas habilidades nos nenos, como a agudeza visual, a axilidade e a rapidez de reflexos, todas elas imprescindibles durante o xogo. A orientación, a percepción do espazo e a gravidade, pero tamén o equilibrio e a coordinación son outras das habilidades que se potencian coa práctica do bádminton.

- Ademais, trátase dun deporte onde a resistencia é tan fundamental como a velocidade, polo que os nenos afaranse ao esforzo físico e vénlles moi ben se no futuro elixen calquera outro deporte. Se ademais engadimos a mellora da psicomotricidade infantil e o bo desenvolvemento muscular, podemos converter ao bádminton nun dos deportes ideais para nenos de calquera idade.

- Pero non só atopamos beneficios físicos na práctica do bádminton. Estamos ante un dos deportes que máis gustan aos nenos porque é moi dinámico e divertido e en ocasións pódese practicar ao aire libre. É un excelente remedio para a ansiedade infantil polo gasto de enerxía que xera e pola rapidez que require nos  movementos.

Compartimos con todos vos, a final disputada entre dúas parexas dos cursos 5º e 6º de Educación Primaria. Desfrutamos moito estes días, aproveitando os múltiples beneficios que nos brinda este maravilloso deporte. ¡Todos aprendimos e desfrutamos moito!

 

 

 

Deixando pegada

No día de hoxe, tivemos a visita dos nosos compañeiros de Voz Natura. Grazas a eles puidemos desfrutar dunha bonita charla sobre a biodiversidade e as diferentes especies presentes preto do noso centro educativo e da contorna. 

Logo, estivemos a ver as diferentes pegadas dos animais presentes na Mina Sonia así como os diferentes tipos de insectos que abondan no lugar. 

Posteriormente puidemos presenciar un interesante taller, para confeccionar de forma personalizada a pegada dun dos animais tratados con anterioridade. 

¡Foi moi entretido!

Entroido no López Estrada

O Entroido é unha das festividades máis bonitas do ano. Unha festa na que os costumes se relaxan, os roles invístense e un pode rirse de todo.

O entroido galego é ademais unha celebración de longa tradición popular, sobre todo na provincia de Ourense. E hoxe goza de moi boa saúde, aínda que algúns ritos e peculiaridades perdéronse e outros estean en proceso de recuperación.

Nos dende o CEIP Francisco López Estrada, estivemos a celebrar esta fermosa festividade galega con moita ledicia. 

¡Esperamos que vos guste!

 

QUENDAS DO MES DE FEBREIRO

LUNS 6 MARTES 7 MÉRCORES 8 XOVES 9 VENRES 10

CARMEN (Prim)

RAQUEL (Inf)

ALICIA V.(Prim)

SILVIA GLEZ.(Inf)

LEIDE(Prim)

PABLO(Inf)

ALICIA V.(Inf)

ROSA M.(Prim)

LEIDE(Inf)

PABLO(Prim)

 

LUNS 13 MARTES 14 MÉRCORES 15 XOVES 16 VENRES 17

CARMEN (Inf)

RAQUEL(Prim)

ALICIA V. (Inf)

SILVIA R.(Prim)

LEIDE(Prim)

PABLO(Inf)

ALICIA V.(Prim)

SILVIA R.(Inf)

LEIDE(Inf)

PABLO(Prim)

 

LUNS 20 MARTES 21 MÉRCORES 22 XOVES 23 VENRES 24

CARMEN(Prim)

RAQUEL(Inf)

ALICI V.(Inf)

ARACELI(Prim)

LEIDE (Prim)

PABLO(Inf)

ALICIA V.(Prim)

EVA MTEZ.(Inf)

LEIDE (Inf)

PABLO(Prim)

Celebramos o Día da Paz

Nesta semana, dende o CEIP López Estrada resaltamos a necesidade dunha educación para a paz, é dicir, educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, e a Non violencia.

A práctica educativa ha de sustentarse no desenvolvemento destes valores, xa que non debemos esquecer que os nenos e nenas que estamos a formar e educar, son persoas que non só necesitan coñecementos, competencias e saber facer, as persoas necesitan de valores que guíen a súa conduta. Se estes valores son os adecuados contribuiremos entre todos á construción dun mundo mellor, máis xusto e máis humano.

Non podemos pedir aos pequenos que sexan solidarios, tolerantes, respectuosos, e non violentos se non lle ensinamos cómo.

Dende o centro educativo non só inculcamos estos valores durante este día, onde se celebra a Paz e a Non Violencia, senón que durante todo o ano o intentamos facer, para  que os nenos interioricen este tipo de valores, que os fagan seus, e que se convertan en principios sólidos que guíen a súa conduta.

Coñecemos de preto os minerais e os fósiles

Entendidos como un dos recursos naturais máis significativos para a vida do ser humano, os minerais e con eles os metais serviron ao longo da historia para achegar innumerables beneficios á vida do ser humano, único ser vivo que logrou dominalos e coñecelos a fonodo para uso persoal.

O valor dos minerais para os seres humanos remóntase a tempos antigos, xa que as primeiras ferramentas da humanidade foron elaboradas con estes materiais. Co devir dos acontecementos, o uso dos minerais pasou mesmo a darlle nome ás etapas da historia humana: así, os expertos denominaron Idade de Pedra, Idade do Cobre e Idade do Hierro a diversas fases da civilización.

Así mesmo, os minerais deron ao ser humano os materiais necesarios para a construción de casas, fortalezas, murallas, castelos, templos e outras construcións que perduraron por milenios. Por outra banda, a importancia destes produtos queda plasmada tamén na xeración de enerxía, xa que os denominados combustibles fósiles (hulla e fundamentalmente petróleo) non son outra cousa que a transformación mineral de antigos restos biolóxicos.

A continuación, compartimos con todos vos, unhas imaxes do taller que levamos a cabo o pasado luns, coñecendo os minerais e algúns fósiles de forma divertida. 

 

Celebración do Día da Paz

Aínda que o Día da Paz en todo o mundo celébrase o 30 de xaneiro, o CEIP López Estrada vaino celebrar o martes, 31 de xaneiro xa que o día 30 (luns), veñen os biólogos de Cuarzos Industriais a realizar as mensuais actividades de Voz Natura ("Tras las huellas de Sonia") co noso alumnado.

Explicado esto, queremos agradecer en primeiro lugar a axuda prestada polo AMPA "fillos de Mañon" que xentilmente pintaron o fondo de boa parte do muro do patio para que os bos mestres debuxantes, nos que non me inclúo, poidan amosar as súas creatividade. Así, finalmente o día 31, o alumnado dará as cores e estas desanxeladas paredes pasarán a ser algo bonito e significativo. Seguro que entre as diferentes festividades das "Letras Galegas" e outros "Días da Paz", acabaremos facendo máis alegre os exteriores do noso vello e bello Escolar.

Xa, e para rematar este escrito dicirlles que o 31 de xaneiro ás 16:15 h os nenos/as do centro cantarán no patio unha fermosa canción ensaiada e dirixida polo mestre de música, Jorge. Esperamos, se poden, a súa presenza na breve actuación.

Agardemos que os fenómenos meteorolóxicos nos acompañen para desfrutar desta xornada.

 

 

Saúde, Mañón. 

Matrícula 2017 - 2018

Aspectos importantes a ter en conta no procedemento de Admisión do Alumnado:

 

a) Normativa reguladora do procedemento de Admisión :

Orde do 12 de marzo de 2013 e Decreto 254/2012 do 13 de decembro.

b) Postos Escolares ofertados polo noso Centro para o vindeiro curso 2016-2017:

Este ano e como novidade contamos cunha nova aplicación informática admisionalumnado que se empregará con carácter obrigatorio en tódolos Centros educativos. Na devandita aplicación , no menú : Solicitudes-Solicitudes de reserva- crear solicitude de reserva poden facer Vdes. a Reserva de Praza para o vindeiro Curso ou ben de forma manual ( como se fixo sempre ) presentando a Solicitude de Reserva de Praza no Centro.

Asemade, a plicación admisionalumnado calculará as vacantes asignadas para o noso Centro. De calquera xeito , saben que o LÓPEZ ESTRADA presumiblemente contará cun bo número de vacantes

c) Prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza :

- Do 1 ao 15 de febreiro de 2017

d) Prazo Informativo da presentación das solicitudes admisión :

- Presentación da solicitude de admisión : 1- 20 de marzo.

-Publicación das listas provisionais de persoas admitidas e non admitidas : antes do

25 de abril.

- Publicación das listas de admitidos e non admitidos : antes do 15 de maio.

- Formalización da matrícula en Infantil e Primaria : 20-30 de xuño.

e) Garantía de permanencia do alumnado :

Unha vez admitidos un alumno/a nun centro docente , queda garantida a súa permanencia nel ata a finalización das ensinanzas ao que esté autorizado o centro.

f) Outras :

Na baremación particular de cada Centro , no noso caso terá 1 punto máis o feito de que un familiar directo fose exalumno noso.

  • A área de influencia do noso centro é o Concello de Mañón. O noso centro está adscrito ao I.E.S. De Ortigueira.

  • Os servicios complementarios do noso C.E.I.P. son Comedor Escolar e Transporte Escolar.

 

Poden Vdes. pedir as solicitudes na Secretaría do Centro. Tamén lle ofrecemos a nosa axuda en caso de dúbida ou para cubrir os impresos.

Distribuir contido