ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO

 

 

  • Os días 1 E 4 DE MAIO NON HAI TAREFAS TELEMÁTICAS por ser o día 1 festivo e o día 4 non lectivo, dos dous concedidos para este cole. 

 

 

ENLACE AULA VIRTUAL

 

ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL

ACTIVIDADES EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

INSTALACIÓN DE ABALAR MÓBIL

PREGAMOS ÁS FAMILIAS QUE SE DEN DE ALTA EN ABALAR MÓBIL

 

  Deste xeito  as familias ou titores legais poderán:

  • Consultar os avisos e notificaciós do profesorado ou do centro educativo.
  • Acceder aos datos persoais.
  • Consultar as calificacións.
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia.
  • Consultar as faltas de conduta.
  • Solicitar unha cita de titoría.
  • Consultar os datos do centro educativo.
  • Consultar as incidencias creadas polo profesorado

             

GUÍA ABALAR MÓBIL PARA AS FAMILIAS

FORMULARIO DE INCIDENCIAS E CONSULTAS SOBRE ABALAR MÓBIL

INFORMACIÓN SOBRE O CORONAVIRUS

A Dirección do CEIP Fco. López Estrada informa que a través da prensa e tras a comparecencia do Presidente da Xunta:

  • A partir do luns día 16 de marzo os centros educativos pecharán durante 14 días, como medida preventiva.
  • O venres 13 de marzo poderá ser opcional a asistencia ou non ao centro educativo.

ACCESO Á INFORMACIÓN

Pitiños de Mos

 

Aproveitando a gran oportunidade que nos ofreceu a asociación AVIMÓS (Asociación de Avicultores da raza Galiña de Mos), queremos compartir coas familias un pequeno vídeo de todo o proceso de incubación e eclosión dos pitiños. 

 

Ademais tamén deixamos unha ligazón á galería para que poidades ver todas as fotos tomadas ao longo destes días. 

Ligazón á galería

Fotos do Entroido 2020

Entroido 2020

Tomates, berenxenas, cenorias... este ano traballamos o horto e para celebralo vestímonos coas nosas mellores galas hortícolas. Seguindo a tradición fomos ata a Praza do Concello e alí desfrutamos dun bo aperitivo, de moitas risas e sobre todo de moita diversión. Agora hai que seguir traballando o noso horto e tamén temos que coidar a nosa contorna. Podedes visitar a galería con todas as fotos do Entroido na seguinte ligazón:

Fotos do Entroido 2020

EUSONPILABOT: Concurso fotográfico

Xa podedes participar no Concurso fotográfico  "Eusonpilabot"

O prazo  remata o 8 de marzo

É un concurso de fotografía artística individual

Tedes as bases do concurso no seguinte enlace: EUSONPILABOT

 

Cultivamos La Paz

O alumnado do CEIP Francisco López Estrada celebra o Día da Paz cantando e cultivando o horto. Dúas actividades que dan bos froitos e compleméntanse á perfección. Seguiremos traballando duro o resto do curso, quitando malas herbas e plantando bos desexos. A disfrutar do vídeo!

Charla informativa sobre o proxecto Pilabot.

Hoxe, día 13 de febreiro, recibimos unha charla informativa sobre o proxecto e concurso Pilabot no que estamos a participar. O contido da charla, que abarcaba dende as diferentes clases de pilas, os seus compostos, partes e funcionamento, reciclaxe e reutilización, fíxose moi amena e o alumnado participou activamente plantexando novas preguntas ou respondendo ás que realizaba a relatora. Ademais o alumnado pasouno en grande co xogo final que propoñía unha serie de preguntas sobre o contido tratado. Como estiveron moi atentos á explicación foron moitos os acertos. E agora que sabemos a teoría hai que demostralo coa práctica. Debemos de ser responsables e tratar axeitadamente as pilas e baterías que temos na casa. Todas e todos a reciclar!

Pilabot

Charla informativa de AVIMÓS

Galiña de Mos

O día 12 de febreiro recibimos a visita da Asociación de Avicultores da raza de galiña de Mos (AVIMÓS). A charla informativa que ía dirixida a todos os niveis, infantil e primaria, presentounos a esta raza galega con denominación de orixe, así como o proceso de cría e incubación. 

Galiña de Mos 2

Ademais da visita e de toda a información que compartiron connosco, tamén nos trouxeron unha incubadora con dezaoito ovo ben fermosos. Se todo vai ben e os alumnos/as os coidan axeitadamente, dentro duns 21 días aproximadamente daremos a benvida a uns auténticos poliños de Mos. 

Se queredes máis información sobre a raza da galiña de Mos dispoñedes da páxina web oficial na que atoparedes diferentes recursos e materiais. Tamén queremos agradecer a visita da Asociación e de todo o material facilitado. Moitas grazas, amigos de AVIMÓs

AVIMOS

Xogade - Actividade Deportiva Escolar

O pasado luns día 3 de febreiro o CEIP Francisco López Estrada participou en Xogade, Actividades Deportivas Escolares organizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte. Este ano o encontro entre varios colexios (CEIP Manuel Fraga, CEIP Nicolás do Río, CPI de Atios,... ) celebrouse en Valdoviño. O alumnado do noso colexio demostrou estar en boa condición física e alcanzou uns bos resultados, pero sobre todo pasárono estupendamente. Ademais tivemos un tempo estupendo resultando unha xornada moi agradable e estival, todo un luxo nesta época do ano. Estamos desexando volver o ano que vén. 

 

Distribuir contido