Día Mundial do Medio Ambiente

No día de hoxe estivemos a celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, cunha fermosa visita á Mina Sonia. Alí puidemos ver a extracción do Seixo e repoboamos unha zona da mina plantando árbores. 

Xa preto do colexio, continuamos coa plantación de árbores e ca instalación de caixas niño para os paxariños que nos visitan cada día. Hoxe foi un día moi entretido!! 

 

Coñecemos os riscos da Internet

Os nenos e adolescentes que poden acceder a Internet teñen todo un mundo de posibilidades ao seu alcance no que dispoñen de moita información valiosa, pero onde tamén poden darse situacións que ameacen a súa privacidade ou a súa seguridade. Non hai que esquecer que os propios nenos poden ser os que infrinxan a lei a través de Internet, como é o caso dos dereitos de autor, ou as inxurias ou difamacións.

Hai que preparar aos menores para que saiban o que non se pode facer na Rede e recoñezan as accións ilegais propias e alleas. Os principais riscos aos que se poden enfrontar os menores son:

  • Acceder a contidos ou imaxes non adecuadas, xa sexa de maneira intencional ou por equivocación.
  • Existen estafas na internet con incentivos, como aparellos de tecnoloxía ou diñeiro, que poden inducirlles a transmitir datos persoais como o número de teléfono ou do cartón de crédito.
  • Os nenos e mozos que permanecen horas diante dos computadores corren o risco de illarse e ter problemas nas súas relacións sociais.
  • Existen numerosos virus que se atopan en páxinas e instálanse no computador automaticamente, e que poden roubar datos e imaxes gardados no dispositivo.
  • A publicidade dalgunhas páxinas web pode conter imaxes con alto contido sexual ou con ideas nocivas para os menores.
  • O sedentarismo e o abuso das pantallas pode provocar graves problemas de saúde, como obesidade infantil, trastornos oculares ou lesións cervicais.
  • O acceso a chats en liña con outros usuarios pode poñer aos nenos en contacto con persoas que buscan vítimas para levar a cabo un acoso sexual, e que tenten establecer unha relación de amizade para conseguir que o menor lles envíe fotos de carácter erótico.
  • Hai que ter especial coidado co que se coñece como sextorsión, chantaxes que utilizan as imaxes e vídeos persoais conseguidos finxindo unha amizade, para forzar á vítima a que mande material pornográfico ou entregue diñeiro, baixo a ameaza de difundir as imaxes íntimas entre os seus coñecidos.
  • Outro dos abusos que se poden producir na internet é o grooming, que consiste en que un pederasta ou acosador sexual emprega un perfil falso para entrar en contacto con nenos ou adolescentes nas redes sociais e obter datos, imaxes, ou mesmo as claves de acceso das contas dos menores. Con iso consegue facer unha chantaxe ameazando con facer pública toda a información que foi conseguindo se non se cumpren os seus desexos.
  • O ciberbullying é outro dos graves riscos da internet para os nenos e novos, é o acoso por parte dunha persoa que pretende destruír a súa autoestima mediante a utilización dos medios tecnolóxicos.

Información a toda a Comunidade Educativa

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2017-2018

Marco Legal : Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en Primaria e Secundaria para o Curso 2017-2018.

 

1º Fondo Solidario do Banco de Libros do Centro para3º ,4º ,5º e 6º de Primaria.

2º Axudas para mercar libros ( vales ) para 1º e 2º de Primaria.

3º Axudas para adquerir material escolar ( toda primaria ).

 

O alumno que participa no Fondo Solidario terá prioridade en orde inversamente proporcional a renda per cápita da unidade familiar ata que se agoten as existencias ; neste caso, se procede , mercará o centro os libros.

a) Con renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros : 6 libros de texto.

b) Entre 5400 e 9000 euros : 4 libros de texto

 

Axudas vales para mercar os libros de 1º e 2º de Primaria .

a) ata 5400 euros ( vale de 170 euros )

b) entre 5400 e 9000 euros ( vale de 90 euros )

 

Para material tódolos alumnos que non pasen de 5400 euros ( vale de 50 euros ).

 

RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

 

Na declaración da Renda do ano 2015 hai que sumar o recadro do 380 e 395 de tódolos membros computables da familia ( no computo da unidade familiar contarán doble aqueles membros que teñen unha discapacidade igual ou superior ao 33%). Aqueles membros da familia que non fagan declaración da renda , terase en conta os igresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal da Administración Tributaria. . Estas comprobacións serán feitas pola Administracióm, logo de que Vdes. non se opoñan á súa consulta.

 

OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

 

- Devolver os libros de texto do fondo solidario do Curso 2017-2018 ( agás 1º e 2º de Primaria.

- Conservar en bo estado os libros que usarán o vindeiro Curso.

- Gastar o diñeiro dos vales dos libros de 1º e 2º só en libros de texto.

-Aqueles alumnos que obteñan o vale de material escolar só poderán empregalo en material escolar.

 

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

Deberán cubrir e firmar os impresos e entrgalos no Centro, tendo de prazo ata o día 23 de xuño de 2017 ( este incluído ); na devandita solicitude xa van explicitadas os consentimentos , autorizacións ou documentación que deben presentar, polo que non o imos repetir neste escrito; en todo caso , a documentación deberá reflectir a situación persoal, familiar ou económica a 31 de decembro de 2015.

Resumindo, poden Vdes. consultar a Orde do 16 de maio de 2017 ( DOG 22 de maio de 2017). Asemade na solicitude aparece a documentación necesaria e as diferentes autorizacións que deben asinar.

 

De calquera xeito, poden acercarse ao centro educativo a fin de solventar as diferentes dúbidas que xurdan. 

Un saúdo.

Educación vial dende a escola

Hoxe foi un día moi entretido no López Estrada. Ca colaboración da Garda Civil, puidemos desfrutar dunha xornada de educación vial na que coñecemos unha morea de normas de seguridade e prevención. 

Ademáis puidemos subir no coche e nas motos da garda civil e poñer a soar as sirenas!

Celebramos o día Mundial da Abella

As abellas pertencen ao gran grupo dos Antófilos, dentro do cal existen aproximadamente 20.000 tipos diferentes de abellas, son da familia Apoidea e por suposto pertencen dentro da clasificación ao grupo dos Insectos. A pesar da cantidade de abellas diferentes que existen en todo o planeta, hoxe falaremos das abellas en xeral.

Estes insectos son coñecidos por ser os polinizadores mais grandes en todo o mundo e por ser esenciais para o mantemento do ecosistema, xa que aproximadamente a terceira parte de todos os alimentos de home son polinizados, principalmente por abellas.

O corpo destes insectos é velludo, tendo un pelo plumoso sobre o que se pega o pole das flores sobre as que se pousa, ao mesmo tempo ten sobre a súa pequena cabeza dúas antenitas que lle serven ao olfacto, para así poder localizar as súas flores.

Caracterízanse por ter ás ben delgadas e transparentes, que nalgúns casos, de determinadas especies de abellas é permite realizar un voo de ata 13 quilómetros.

O característico e principal das abellas é a súa capacidade de socialización e de vivir en colonias complexas e rigorosamente organizadas, onde sempre hai unha soa abella reina, abellas obreiras e zánganos.

As abellas aliméntanse basicamente de Pole e Nectar, sustancias ambas que se atopan nas flores, utilizan as primeiras para alimentar ás larvas, e as segundas para xerar enerxías.

Segundo o tipo de abella pode ser que consuman pole só e determinadas flores, estas abellas son mais especializadas, en cambio outras, son xerais e consomen de calquera tipo de flor. O que é común é que consuman dunha determinada flor por un tempo, e logo pasen á seguinte.

O venres puidemos desfrutar dun recurso audiovisual e charla na que coñecemos o traballo que desenvolven as abellas e a importante labor que levan a cabo na natureza. 

Ademáis de isto, elaboramos unhas trampas para a vespa velutina. Esperamos que vos guste o noso mural do patio, quedou moi bonito!

Reporteiros Ambientais, ¡vota o noso vídeo!

Dende o CEIP Francisco López Estrada comezamos o concurso Reporteiros Ambientais de VozNatura. Un fermoso concurso, no que un número de centros educativos compartirá os seus vídeos resumo de todas as tarefas e actividades feitas dentro dos seus proxectos Voz Natura. 

Durante o día 22 de maio poderemos votar por o vídeo do noso centro. ¡ANIMÁDEVOS E A VOTAR TODOS E TODAS!

¿Qué hai que facer para votar polo vídeo do López Estrada?

É moi sinxelo: 

  1. Debes acceder o seguinte enlace de facebook.com
  2. Posteriormente deberás darlle a me gusta ao vídeo subido polo noso compañeiro e mestre de Educación Física: Pablo Sánchez. 

¡AXUDADENOS E COMPARTIDE PARA QUE ALCANCE UNHA MAIOR DIFUSIÓN! 

Esperamos que vos guste!

Voz Natura 2016/2017 no López Estrada

No día de hoxe queremos compartir un vídeo que elaboramos con todas as tarefas que fixemos ao longo deste curso académico grazas ao proxecto Voz Natura.

Sen dúbida foi un proxecto moi enriquecedor. Xuntos puidemos coñecer a mina Sonia en profundidade e descubrir polo miúdo a flora e fauna que rodea a nosa contorna. 

Esperamos que vos guste!

 

A Galiña Azul de Carlos Casares

A galiña azul é probablemente o máis popular dos libros de Carlos Casares e un dos fitos fundamentais da literatura infantil galega. Publicada orixinalmente en 1968, foi unha das primeiras obras editadas en galego para público miúdo.

O libro toma a forma dunha carta enviada a unha nena e nel aparecen personaxes inesquecibles coma Leoncio, un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade; a abnegada formiga esquiadora que partiu unha perna; ou, por suposto, a misteriosa galiña azul “con cinco plumas vermellas nunha á”, que pon ovos de cores e ten alarmadas ás autoridades. Gañadora da primeira edición do Concurso de Contos infantís da Asociación O Facho, da Coruña,

A galiña azul é un libro pioneiro no que Casares desliza, baixo a aparencia de conto infantil, a súa habitual mensaxe contra a intolerancia e a inxustiza.

No día de hoxe, puidemos presenciar unha divertida representación teatral sobre a Galiña azul de Carlos Casares, autor ao que se lle adica o día das letras galegas o vindeiro 17 de maio.

Desfrutamos do día do Libro

A lectura é a chave prodixiosa da información, da cultura, do mundo da ficción, da fantasía. A importancia da lectura nos nenos baséase nos seus beneficios á hora de estudar e adquirir coñecementos. A colaboración dos pais é necesaria para impulsar o proceso de aprendizaxe.

¿Qué beneficios nos aporta?

1. Enriquece a relación adulto-neno

Nesta relación máxica, neno-adulto-libro, o pai, a nai son os encargados de marabillar ao seu fillo co libro e de descubrirlle o mundo sorprendente que garda. Estes momentos de lectura son moi gratificantes, porque están, ademais, envolvidos en afectividade.

2. Familiariza ao neno cos textos

- Afacéndolle ao obxecto: ao neno gústalle imitar aos seus pais.

- Mostrándolle que os pequenos signos negros teñen un significado.

- Facéndolle experimentar a permanencia da palabra escrita. Cando chegue ao colexio, a lectura pareceralle unha actividade necesaria e interesante.

3. Amplia e organiza o universo do neno

Tanto as imaxes como os textos axudaranlle a:

- Coñecer o mundo.

- Coñecerse a si mesmo.

- Dominar a contorna real. Os textos adiantaranlle, ademais, futuras experiencias.

4. Desenvolve as capacidades mentais do neno

- Memoria. O neno poderá contar o conto que lle leu, seguindo as imaxes.

- Linguaxe. A través da lectura oída, o pequeno ampliará o seu vocabulario e aprenderá frases cada vez máis complicadas.

- Capacidade de abstracción. O neno establece a relación entre os obxectos que viu na realidade e a representación dos mesmos nas ilustracións. Pasa, en consecuencia, a un nivel de abstracción.

- Imaxinación. A partir da imaxe e do texto, o neno comeza a construír a súa propia representación, a crear unha realidade na súa mente.

Compartimos con vos este traballo que fixemos entre todo o alumnado do CEIP Francisco López Estrada, conmemorando o día do libro: 23 de abril de 2017. Esperamos que vos guste. 

      

Colocamos caixas niño

Hoxe estivemos a elaborar caixas niño para os nosos paxaros da zona.

Estas caixas nido proporcionan ás aves lugares máis seguros para a cría e refuxio, diminuíndo a depredación de niños. Ademáis, facilitan a recuperación de especies ameazadas potenciando a conservación das aves.

As caixas niño permítennos ver, oír, fotografar e gravar con facilidade a vida dos paxaros e potencian a biodiversidade.

No día de hoxe seguimos a traballar a educación ambiental e valorar e respectar a natureza e a súa importancia para o noso medio ambiente.

Distribuir contido