Proxecto "A natureza que nos rodea"

Queridas familias:

Este curso estamos a desenvolver o Proxecto “A natureza que nos rodea”, xunto co CEIP da Barqueira (Cerdido).

Un dos obxectivos é coñecer un pouco máis o noso Concello e con ese fin puxemos en marcha un concurso para o que precisamos a vosa axuda:

•“CHIP”, a mascota da nosa biblioteca, é moi viaxeira e sacou fotos en distintas paraxes do Concello de Mañón.

•De vez en cando, unha desas fotos aparecerá na páxina web do centro www.edu.xunta.gal/centros/ceiplopezestrada/

•A primeira foto de CHIP aparecerá mañá mércores dia 3 de abril

•Para conseguir un punto debedes recoñecer o lugar, ir ata alí acompañando aos vosos fillos/as, buscar unha imaxe de CHIP e sacarvos unha foto con esa imaxe para saber que a atopástedes

•Esa foto do alumno/a coa imaxe de CHIP debédela enviar ao seguinte email: proxectolopezestrada@gmail.com

•E xa tedes un punto no concurso

•A imaxe de CHIP  leva ademais un código QR que podedes ler cunha tablet ou cun móvil no que teñades descargado un “lector de código QR”

•Este código vos facilitará unha información sobre o Concello e tamén vos fará unha pregunta. Se a contestades correctamente teredes outro punto no concurso.

•Debedes mandar a resposta ao email de antes ( proxectolopezestrada@gmail.com ) co nome do alumno/a

 

Trátase de que acompañedes aos vosos fillos/as neste percorrido polo noso Concello e descubrir algo máis sobre o lugar onde vivimos

 

Sen a vosa participación isto non é posible. Gracias pola colaboración

 

 

Un saúdo 

Facemos un sementeiro

Sementeiro

No CEIP Franciso López Estrada estamos a realizar un sementeiro na aula. O estudo das diferentes hortalizas, as súas características, os seus coidados e a responsabilidade de manter o plantado, forma parte dun proxecto amplo e motivador que se estenderá até final do curso. 

Comezamos a plantación

As nenas e nenos encárganse de elixir as súas sementes e de proceder co plantado. Ben de forma individual, ou con axuda dun compañeiro, seguen todos os pasos necesarios para realizar correctamente a tarefa. 

Botamos a semente

O paso de botar a semente é un dos máis delicados e ao mesmo tempo o que máis ilusión lles fai. 

Anotamos a información importante

A plantación ten unha parte de investigación e rexistro. O alumnado anota a data de plantado, busca as características e necesidades das hortalizas e fai un seguimento dos cambios que se van producindo. 

Regamos as sementes

O sementeiro régano de forma autónoma, varias veces á semana. Confiemos en que a maioría das plantas se logren e que a colleita sexa boa. 

Fotos da excursión a Corax e do entroido

Xa están dispoñibles na galería do colexio as fotos da excursión a Corax e do entroido. Esperamos que vos gusten e que votedes as vosas favoritas. Podedes acceder a elas dende a seguinte ligazón:

Galería de fotos

MATRÍCULA 2019-2020

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020

O proceso de admisión do de alumnado para o curso 2019/2010 estará  aberto do 01 ao 20 de marzo do 2019.

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO:

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Orde do 12 de marzo de 2013pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Orde do 25 de xaneiro de 2017pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión en centros sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de Maio, de educación.

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO 2019-2020

 

AULA

NIVEL

PRAZAS OFERTADAS

PRAZAS VACANTES

 

AULA INFANTIL

4º INFANTIL

7

7

5º INFANTIL

4

1

6º INFANTIL

9

1

 

AULA 1 PRIMARIA

1º PRIMARIA

6

3

2º PRIMARIA

6

2

3º PRIMARIA

8

1

 

AULA 2 PRIMARIA

4º PRIMARIA

6

2

5º PRIMARIA

4

2

6º PRIMARIA

10

4

 

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN E DOCUMENTACIÓN REQUERIDA

O prazo para presentar solicitude de admisión será durante os días 1- 20 de Marzo, ambos os dous inclusive. A solicitude será única e de carácter vinculante, presentándose no centro que se solicite praza en primeiro lugar.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Deberá presentarse a seguinte documentación:

  • Solicitude de admisión (Anexo II, procedemento ED550B) debidamente cumprimentada e asinada por ambos proxenitores. Poderase solicitar o impreso na dirección do centro ou descargar en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • DNI da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade familiar (se non permiten a consulta).

  • Documento acreditativo da idade do alumno ou alumna.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

  • Manifestación do desexo de utilizar os servizos complementarios do centro.

  • Indicar se o alumno ou alumna presenta necesidades específicas de apoio educativo.

  • Libro de familia.

 

Toda a documentación deberá ser orixinal ou copia cotexada; bastará para iso co selo de centro.

 

A presentación de documentación acreditativa do baremo sería unicamente necesaria se houbera unha demanda de prazas superior á oferta. Faríase nos 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

 

PUBLICACIÓN DE ADMITIDOS/NON ADMITIDOS

Listaxe provisional: antes do 25 de Abril. As reclamacións resolveranse no prazo de cinco días hábiles, contados a partires do día seguinte á publicación desta listaxe.

Listaxe definitiva: antes do 15 de Maio.



FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

O prazo para a formalización da matrícula será entre os días 20 - 30 de Xuño.

Deberase presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude de matrícula (anexo III – 1)debidamente cumprimentada, a cal se poderá solicitar na dirección do centro.

  • 4 fotos tamaño carné do alumno/a.

  • Fotocopia do boletín de vacinas do alumno/a.

  • Certificado de empadroamento dos membros da unidade familiar.

 

 

CENTROS ADSCRITOS E DE ADSCRICIÓN

  • Adscritos: non temos.

  • De adscrición: I.E.S. De Ortigueira



ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO

Abrangue as parroquias do concello de Mañón:Grañas, Mañón, As Ribeiras do Sor, Santa Mª de Mogor ( O Barqueiro) e Bares. As áreas limítrofes serían os concellos de O Vicedo, Ourol, Muras, As Pontes e Ortigueira.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

O centro oferta de maneira complementaria os seguintes servizos:

  • Transporte escolar

  • Comedor escolar

 

O alumnado que desexe facer uso destes servizos deberá expresalo debidamente tanto na súa solicitude de admisión como na conseguinte formalización de matrícula.

Asimismo, segundo a Disposición adicional segunda da Orde do 12 de marzo de 2013 o alumnado con garantía de permanencia no centro docente que non teña que formalizar matrícula, deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido a este, ao longo domes de maio decada ano, que solicita utilizar os servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar.

Calquera dúbida ao respecto, será aclarada na dirección do centro.

 

Magosto 2018

 

Aínda que chegan cuns meses de atraso, xa están dispoñibles as fotos do Magosto. Unha tarde chea de doces e xogos, na que pais, mestres e alumnos compartiron moitos intres de diversión e risas. Esperamos que vos gusten.

 

Ligazón á galería de fotos

Distribuir contido