Herbario de 4º EP

 

Os alumnos/as de 4º curso de Educación Primaria desenvolveron esta fermosa actividade, na que recolleron follas autóctonas do lugar buscando unha aprendizaxe significativa e interdisciplinar.

Nesta tarefa buscouse ademáis que o alumnado recoñeza a importancia de respetar e coidar o noso entorno. 

As capas da Terra

Os alumnos/as de 3º e 4º de Educación Primaria, estiveron a traballar as diferentes capas da Terra, posteriormente fixeron esta bonita maqueta. Buscando unha aprendizaxe significativa de forma lúdica e moi entretida.

 

Saltamos, reptamos, e movémonos moito

No día de hoxe, estivemos a xogar nun circuíto moi entretido. Nel puidemos facer grandes saltos, reptar por túneles moi divertidos e ademáis coñecer o floorball mediante unha estación que requería de boa coordinación e axilidade. 

Compartimos con todos vos unhas imaxes da clase de Educación Física de 1º e 2º de Educación Primaria. 

 

 

Los esqueletos en Educación Infantil

Aquí vos deixamos un vídeo sobre o baile "Os esqueletos" que os alumnos e alumnas de Educación Infantil levaron a cabo no festival do pasado venres día 28 de outubro. 

Celebramos o día do Samaín

Rafael López Loureiro, foi o responsable de redescubrir esta tradición e comprobar que existía por toda Galicia ata fai menos de trinta anos. Ademais, tamén comprobou a súa pervivencia no norte de Cáceres, ao redor da zona na que están situadas as aldeas de fala galega, e en zonas de Zamora e de León próximas a Galicia e onde a lingua e as tradicións galegas están moi arraigadas.

Ademais, este estudioso analizou a relación do costume das cabazas co culto á morte e a semellanza coas tradicións irmás das illas británicas. Ata chegou a detectar peculiaridades como a de Quiroga (Lugo), onde a cabaza tallada sécase e consérvase para usala como máscara no Entroido. 

Hoxe en día celébrase con gran arraigamento o Samhain ou Samaín (adaptación ao galego da palabra gaélica) nalgunhas das cidades e pobos de Galicia, como A Coruña, Ferrol, Cedeira, etc.

Hoxe venres, celebramos no CEIP Francisco López Estrada este día tan entretido. Decoramos o centro educativo, facendo ademáis unha exposición de cabazas e preparando unhos bailes moi divertidos. 

 

Achegamos a biblioteca á Educación Infantil

A Etapa de Educación Infantil tamén puido disfrutar dunhas xornadas de festividade e celebración do Día Internacional das Bibliotecas. 

Xuntos puidemos acercarnos á lectura fomentando os contos, cun marcado carácter temático do día do Samaín. 

Día das Bibliotecas

  Por iniciativa da Asociación Española de Amigos del lIbro Infantil y Juvenil, desde 1997, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, se celebra cada 24 de outubro o Día da Biblioteca, co obxectivo de concienciar a  sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor dos bibliotecarios/as. 
Cada ano se encarga a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados. 
 
  Este ano as autoras seleccionadas son Ledicia Costas e Elena Odriozola, Premio Nacional de Literatura Infantil e Ilustración 2015, respectivamente.
   
   No noso centro celebraremos este día mañá debido a cantidade de actividades que xa estaban previstas para hoxe. Farémolo coa lectura na biblioteca de contos e historias por parte dunha mestra e dúas nais. Mañá vos contaremos como o pasamos!
 

Visitamos o Museo do Mar da ría do Barqueiro

No día de hoxe, estamos a visitar o museo do Mar da ría do Barqueiro. Nel podemos coñecer máis a contorna do centro educativo e ver a gran riqueza natural desta vila, que xira en torno ao mar. 

Neste fermoso lugar, acolléronos cos brazos abertos. Puidemos observar e atender a todas as explicacións que nos facilitaban. Sen dúbida aprendemos moito do fermoso lugar onde se atopa contextualizado o CEIP Francisco López Estada. 

Coñecemos a Sonia, a Seixo e a súa contorna

No día de hoxe, estivemos facendo unhas actividades pedagóxicas, contextualizadas dentro do proxecto de Voz Natura. Grazas a isto, estamos a coñecer a Sonia e Seixo, os nosos protagonistas da mina próxima ao centro educativo.

De xeito interdisciplinar aprendimos a importancia de respetar a flora e fauna do lugar. Despois, divertímonos moito estanpando follas nas nosas camisetas.


 

Froitos do outono

   Con motivo da realización na clase de 1º e 2º dunha unidade sobre o outono, fixemos unha pequena exposición na entrada do cole cos froitos e froitas que trouxemos.

 Aprendimos moito e probamos froitas que non coñecíamos: caquis, granadas, améndoas, avelás, noces, castañas, mandarinas....Umm que ricas nos souberon!

Distribuir contido