FP INNOVA - SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado xoves, 25 de abril, o alumnado de 5º e 6º visitou os FP Innova na Cidade da Cultura, un congreso de Innovación na Formación Profesional referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a Formación Profesional de Galicia.

O congreso contou cunha zona expositiva de 4.100 m2, distribuída nas plantas -1 e 0 do Museo Centro Gaiás, na que puidemos coñecer:

A investigación e a innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver en colaboración con empresas e institucións, a través da visualización en directo dos 35 proxectos de innovación que se presentan e que abranguen as tecnoloxías máis punteiras do mercado.

A innovación ligada ao emprendemento, representada nunha mostra de 16 proxectos que o alumnado e o profesorado puxeron en marcha no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende.

- A experimentación en primeira persoa das novas tecnoloxías, coa participación nos obradoiros sobre biotecnoloxía, ciberseguridade, creación de contidos mediante IA, drone soccer, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, impresión 3D, entre outros.

Despois, xantamos e demos un agradable paseo polo casco histórico de Santiago de Compostela.

 

AdxuntoTamaño
FP Innova43.04 KB