O entroido 2016 estivo adicado a "Neira Vilas" e ó seu libro "Memorias dun neno Labrego". Todo o alumnado veu vestido para a ocasión e grazas á colaboración das familias,degustaron comida típica de entroido. Como todos os anos, o xoves pola tarde trouxeron disfraz libre e pasárono moi ben xogando.
O 30 de xaneiro é o día da Paz e da Non Violencia. Este curso estivo adicado ao premio Nobel da Paz 2015 "Sociedad Civil de Túnez". Cada curso traballou algún aspecto dese país, a primeiro tocoulle a gastronomía e a segundo a vestimenta. O alumnado traballou moito e fixeron uns traballos excelentes.
Celebrando o Nadal
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º fixeron diversas actividades para festexar o Nadal, e tamén recibiron con moita alegría, ao Apalpador que lles trouxo uns agasallos.
Fomos de excursión a Carballo para coñecer a biblioteca municipal. Recibíronnos con moita alegría e compartimos a mañán co alumnado de infantil de 3 e 4 anos e cunha clase do CEIP FOGAR. Levamos unha gran sorpresa cando descubrimos aos ratiños da biblioteca, que nos explicaron como facernos socios e poder solicitar os libros, e xa de paso, contáronnos algúns dos libros que alí podemos atopar. Foi moi divertido!!!
Como todos os anos no outono celebramos o peón e o magosto o mesmo día. Pola mañán facemos un concurso de peón por clase e pola tarde coa axuda de David degustamos as castañas .
Como todos os anos celebramos a festa do samain, fixemos manualidades, adornamos o cole e finalmente disfrazámosnos de personaxes de terrorrrr!!!!
O 30 de xaneiro é o día da Paz e da Non Violencia. Este curso repartimos o traballo por cursos, a nós tocounos profundizar na figura de Gandhi sin olvidarnos do premio Nobel 2015 de Malala e Satyarthi.Estivemos facendo debuxos e manualidades. Disfrutamos moito co traballo!!!
Queridas familias!!
Aquí deixamos o vídeo editado da nosa espectacular actuación no festival de Nadal deste ano!
Esperamos que vos guste e o pasedes ben nestas entrañables datas!!
Bo Nadal e Feliz 2015!!!