Blog de EDLG

Unha coroa de violetas

Con este tema queren animar á xente miúda a coñecer a poesía de Ricardo Carvalho Calero. É un sinxelo valse primaveral composto pola cantante Uxía sobre un fragmento dun poema recollido no seu libro "Reticências...".

5º NA CASA

LETRAS GALEGAS 2020. XA SEXA POLA VELLA OU POLA NOVA NORMALIDADE, 5º DESTA NOSA LINGUA HASE SEMPRE NAMORARE...GRAZAS ATODAS E TODOS POLOS VOSOS CONTINUOS ESFORZOS!!!

LETRAS GALEGAS: 4º EI

Os nenos/as de 4º de Educación infantil, desfrutaron de contos en galego para celebrar o día da nosa lingüa. Como podedes ver, triunfaron Os Bolechas!

Os Bolechas: Carvalho Calero

Os Bolechas e Política Lingüística tamén festexan o #DíaDasLetrasGalegas achegando este fabuloso libro sobre a vida de Ricardo Carvalho Calero. Con el, será moi doado dar a coñecer a figura do escritor homenaxeado este ano @s pequen@s da casa.

"As pitas baixo a choiva" de Carvalho Calero

Liberado ‘As pitas baixo a choiva’, un tributo a Carvalho Calero dirixido ás crianzas.
A Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e Edicións Embora ofrecen, de balde, un material audiovisual deseñado para lembrar o protagonista do Día das Letras Galegas 2020.
 
Pincha neste enlace para acceder ó conto e á multitude de actividades: