DÍA DA MULLER

Hoxe é O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. No colexio traballamos este tema cunha educación en valores igualitaria e non sexista.

O alumnado de 1º e 2º, realizou un traballo adicado ás mulleres máis importantes da súa vida, tamén adicamos un apartado a mulleres inventoras que foron moi importantes para a sociedade, e sin embargo en algúns casos, pouco recoñecidas. Feliz día da muller!!!!

ROSALÍA DE CASTRO

O pasado 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro, e decidimos recordala recitando un dos seus poemas.

ENTROIDO

O entroido deste ano foi moi colorido e imaxinativo, as familias traballaron moito para a confección duns disfraces moi orixinais. Con tanta diversión, ao alumnado entroulle a fame e comemos un montón de filloas, rosquillas, orellas e todo tipo de produtos de entroido.  O tema era a robótica seguindo un dos proxectos do centro.

VESPA VELUTINA

O alumnado de 1º e 2º asistimos a unha charla sobre a vespa velutina, onde nos informaron sobre as trampas que se lle poden poñer, os traxes que visten as persoas que as eliminan e incluso poidemos ver e tocar un niño. Foi moi interesante!!!