O día 24 de abril visitounos Anxo Moure. Para recibilo os nenos de infantil e 1º ciclo elaboramos un mural con debuxos das súas obras máis coñecidas " A Xacia Lubiñas" e "O Carballo con Botas".
Estivemos con el na biblioteca do cole, onde participamos na dramatización dos seus contos dun xeito divertido.
Por último, firmounos os exemplares e fixemos unha foto de recordo.
No mes de marzo tivemos a visita dun contacontos da editorial Kalandraka gracias á familia dun dos alumnos do cole.
Aos nenos e nenas do cole gustounos moito esta visita.
Despois de varios días celebrando o entroido cos mandadiños do Meco, chegou o día da festa pitufa. Para colller forzas comemos unhas filloas, orellas e rosquillas riquiiiiiisimas feitas polas familias.
Unha vez que collimos forzas, fomos ao pavillón do cole para facer a actuación que levabamos tantos días ensaiando " Asereje pitufo". Saiunos xenial!
O ENTERRO DA SARDIÑA
Xa morreu a sardiña,
levana enterrar,
con moita morriña
o cura e o sacristán.
Xa choran as boas xentes,
Ai...,mira, chorando están!
Dando berros doloridos,
Dando berros sin parar
Que se escoitan na rúa,
Na praza e no bar.
Ai… que loito máis riguroso!
Que pena máis colosal!
Desmaio…dolor…angustia
levana enterrar,
con moita morriña
o cura e o sacristán.
A máis fermosa sardiña
E o entroido acabado está.
(Isabel Medina, adaptación)
O xoves pasamos unha tarde xenial cos disfraces que trouxemos da nosa casa, bailamos, xogamos...
Como somos todos ben guiadiños, o xoves viñemos equipados con todos os complementos que nos propuxo o Meco.
Estabámos ben guapos, va que si??