Para celebrar o día da paz o alumnado compuxo pareados relacionados co tema, e despois recitáronnolos para todo o cole. Un traballo moi bo, felicidades!!!!
O día da Paz celebramos a carreira "Save The Children" donde o alumnado se esforzou moito por unha boa causa. Noraboa!!!!
O 30 de xaneiro é o día da Paz e da Non Violencia. Este curso estivo adicado ao premio Nobel da Paz 2015 "Sociedad Civil de Túnez". Cada curso traballou algún aspecto dese país, a primeiro tocoulle a gastronomía e a segundo a vestimenta. O alumnado traballou moito e fixeron uns traballos excelentes.
O pasado día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz con todos os nosos compañeiros e compañeiras do cole.
Todos temos soños, e nesta ocasión tivemos que escribir un relacionado coa paz.Nas fotos os nenos e nenas de primeiro e segundo presentámosvos os nosos soños.
Outra das actividades que realizamos foi inflar globos blancos nos que escribimos unha palabra que fixera referencia a un sentimento positivo. Cos globos de todos os nenos e nenas do cole formamos a palabra PAZ.