Celebramos a PAZ

O pasado día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz con todos os nosos compañeiros e compañeiras do cole.

Todos temos soños, e nesta ocasión tivemos que escribir un relacionado coa paz.Nas fotos os nenos e nenas de primeiro e segundo presentámosvos os nosos soños.

     

Outra das actividades que realizamos foi inflar globos blancos nos que escribimos unha palabra que fixera referencia a un sentimento positivo. Cos globos de todos os nenos e nenas do cole formamos a palabra PAZ.