Dentro do proxecto da biblioteca "concienciarte", estivemos facendo en clase varios experimentos dos que aprendemos moito.
Este curso estamos participando nunha actividade proposta polo concello que é un horto escolar, de momento estamos preparando as paredes utilizando botellas de auga de plástico.
Na semana do libro tivemos un taller de títeres moi interesante. Aprendemos a reutilizar roupa vella e a darlle un uso didáctico.
Celebramos a "Semana do libro" con diversas actividades, entre elas tivemos a visita do músico Héctor Lorenzo e a do científico Jorge Mira, que nos fixo moitos experimentos.
Gracias ás familias poidemos facer unha exposición xenial "E ti... onde les" con fotos moi chulas.
Acompañados polos monitores de "Senda Nova", acudimos a Baldaio a facer un roteiro ornitolóxico invitados polo concello. Poidemos observar as aves a través de telescopios, ademais de transmitirnos moita ingormación sobre elas.
Dentro da actividade relacionada co sabor da aventura está no mar, realizamos unha saída a Muros. Alí coa axuda dunhas monitoras, visitamos o muiño da marea donde realizamos varias actividades, despois invitáronnos a comer un menú mariñeiro e pola tarde leváronnos á lonxa a ver o peixe e comprobar como se fai unha subasta !!!
Esta semana, a froita tróuxonos unha gran sorpresa, os nenos e nenas de 6º de educación infantil fixeron de pregoeiros e gustounos moito!!!