ENTROIDO

O entroido é unha festa moi divertida, este curso ademáis dos mandadiños disfrazámosnos de espantallos, e gracias ás familias, degustamos dunha deliciosa merenda con filloas, rosquillas, orellas, biscoito e incluso en segundo con galletas que tiñan as iniciais dos nomes do alumnado. Gracias a tod@s.

CARREIRA SOLIDARIA

Outro curso máis celebramos a carreira solidaria "Save the Children", o alumnado está moi comprometido coa causa e esforzáronse moito. Gracias ás familias reuníronse un montón de cartiños.

 

FROITA

Como todos os anos celebramos a semana da froita, o alumnado disfruta moito comendo diversas froitas como laranxas, peras, amorodos,melón e uvas. Repetiremos a experiencia durante o curso.