ALOUMIÑOS-CADELAR

TEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL

O luns día 26 tivemos unha visita moi especial . Coñecimos a un novo amigo: Malú.  Aprendimos como temos que coidar dos cans, levalos ao veterinario, lavalos, alimentalos e se nos dan medo poñernos na posición da árbore. Grazas á asociación Aloumiños-Cadelar por ista actividade tan enriquecedora.

 

 

IMOS DE TEATRO

O pasado martes día 20 de outubro viñeron ao cole a interpretarnos unha obra de teatro onde se falaba da importancia de non utilizar tanto plástico e así poder coidar dos nosos mares e océanos. Ademais agasalláronnos cunha botella para poder reutilizar.

 

DÍA DA BIBLIOTECA

O alumnado de 1º de primaria estivo lendo varios libros da

editorial Bubela para festexar o DÍA DA BIBLIOTECA

                     FIXÉRONO MOI BEN!!!!

PROPINA DA CLASE DE 2ºEP PARA FESTEXA O DÍA DA BIBLIOTECA

A clase de 2º quixo dar unha propina pequena para festexar este gran Día da Bilbioteca e do importante que son. Lendo un conto máis. Desexamos que desfrutedes con el.

 

FESTEXAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA

A clase de 2º EP quixo festexar o Día da Biblioteca lendo o conto: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Desexamos que vos guste!

 

Graduación de infantil do curso 2019/20 pendente de celbración por COVID

O curso pasado 2019/20 quedou pendente a celebración da graduación do alumnado que rematou educación infantil. A mellora nas condicións da pandemia permitiu, aínda que con algo de atraso, festexar no comezo deste curso dita graduación. Dende o C.E.I.P GÁNDARA-SOFÁN queremos felicitar a todo o alumnado graduado.

NORABOA A TODOS!.

Desexamos que a entrada en educación primaria sea estupenda e teñades un futuro próspero e cheo de cousas fermosas!!.

TODO VAI SAIR BEN!

 

SYMBALOO

RECURSOS PARA 1º E 2º EP

Aquí deixámosvos un montón de xogos e recursos para que poidades repasar na casa cando queirades. Tamén estarán dispoñibles na aula virtual. 

 

 

KARAOKE DO MAGOSOTO

CANTA A CANCIÓN DO MAGOSOTO


Chegou o outono e para cerebralo imos aprender e cantar esta canción do magosoto.

VÍDEO TITORIAIS PARA A AULA VIRTUAL

VÍDEO-TITORIAIS PARA A AULA VIRTUAL

Aquí deixámosvos uns titoriais que poden servos de utilidade para manexar a aula virtual. Tamén os tedes dispoñibles na Aula Virtual do curso.