Chegou o Samaín!!! Todos e todas traballamos moito coas nosas familias, facendo unhas cabazas moi terroríficas e orixinais. Tamén tivemos a oportunidade de disfrazarnos e pasámolo moi ben!!!!
Asistimos a un taller saudable, onde nos explicaron a pirámide de alimentos e fixemos unha bruxa moi terrorífica, pero tamén moi comestible!!!
Con motivo da celebración do día das bibliotecas, participamos con todo o cole no taboleiro da lingua, colocando os refráns que trouxemos de casa coa colaboración das nosas familias.