ENTROIDO

 

O entroido 2016 estivo adicado a "Neira Vilas" e ó seu libro "Memorias dun neno Labrego". Todo o alumnado veu vestido para a ocasión e grazas á colaboración das familias,degustaron comida típica de entroido. Como todos os anos, o xoves pola tarde trouxeron disfraz libre e pasárono moi ben xogando.

 

  

 

 

  

FELIZ DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA A TOD@S!!!!

O 30 de xaneiro é o día da Paz e da Non Violencia. Este curso estivo adicado ao premio Nobel da Paz 2015 "Sociedad Civil de Túnez". Cada curso traballou algún aspecto dese país, a primeiro tocoulle a gastronomía e a segundo a vestimenta. O alumnado traballou moito e fixeron uns traballos excelentes.