POÑEMOS A PROBA OS NOSOS SENTIDOS
Na clase de Ciencias Naturais, a clase de 1º EP, estamos estudando os nosos cinco sentidos e os seus órganos. Experimentamos como podemos recoñecer diferentes formas e texturas a través do sentido do tacto, tamén comprobamos como poden ler as persoas cegas co braille. Démonos conta do importante que é a luz para poder ver os diferentes cores. Agora tócalle o sentido do gusto. Aquí deixámosvos unha mostra do que fixemos.
CELEBRAMOS O DÍA DO PEÓN E O MAGOSTO
Un ano máis festexamos o Magosto, onde degustamos as ricas castañas asadas, e celebramos a tradicional competición do Día do Peón. Participaron todas as nenas e nenos do colexio. Parabéns a Anxo ( 1º EP ) e Teo ( 2º EP ) que chegaron á gran final!!!
Se queres ver máis fotos preme na imaxe