POÑEMOS A PROBA O NOSO SENTIDO DO GUSTO

POÑEMOS A PROBA OS NOSOS SENTIDOS

 

 Na clase de Ciencias Naturais, a clase de 1º EP,  estamos estudando os nosos cinco sentidos e os seus órganos. Experimentamos como podemos recoñecer diferentes formas e texturas a través do sentido do tacto, tamén comprobamos como poden ler as persoas cegas co braille. Démonos conta do importante que é a luz para poder ver os diferentes cores. Agora tócalle o sentido do gusto. Aquí deixámosvos unha mostra do que fixemos.