O pasado venres celebramos o magosto, todo o alumnado disfrutou moito das castañas, de xogos e baile, ademáis dun ratiño de celebración con compañeiros e profesores.
Como todos os anos no outono celebramos o peón e o magosto o mesmo día. Pola mañán facemos un concurso de peón por clase e pola tarde coa axuda de David degustamos as castañas .
ESTE ANO O MAGOSTO COMEZOU DECORANDO UN POUCO OS CORREDORES DO COLE; CONTINUOU, COMA TODOS OS ANOS, ABASTECÉNDONOS DE CASTAÑAS GRAZAS ÁS FAMILIAS; DESEGUIDO TOCOU ELABORAR OS RECIPIENTES PARA GARDALAS, LOGO CHEGOU A HORA ASALAS (DISO ENCARGOUSE DAVID) E DE COMELAS (DISO ENCARGÁMONOS TOD@S)... PARA, FINALMENTE, XOGAR E XOGAR ATA ACABAR CHEÍÑOS DE TISNA!!!
COMO NOS GUSTA ESTA FESTA E ESTES SABOROSOS FROITOS!!
Cando chegou o outono apareceron cores novas, sabores e olores. No colexio, os nen@s de Educación Infantil fixemos unha pequena exposición cos froitos típicos da estación.
Traballamos dun xeito especial o ourizo e a castaña!!! Para despois poder festexar todos xuntos a festa do Magosto!