Skip to Content

CABECEIRA

Nadal

REGUEIFAS DE NADAL

Benqueridas familias,

Xa se achega o final deste ano 2021 e unha excelente maneira de celebralo será escoitando as regueifas de Nadal creadas polo alumnado e que poderedes visualizar no blog de biblioteca!!!

Feliz e sano 2022

Moncho, o Sapoconcho

SANTA CLAUS IS COMING TO TOWN

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA O NADAL

Benqueridas familias,

Achéganse unhas datas de descanso para a comunidade escolar, polo que dende a Biblioteca do centro, queremos facer unha serie de recomendacións literarias para gozar do tempo libre durante as vacacións, e non se nos ocorre mellor xeito de pasar algunha destas horas de lecer que lendo algunhas das historias que aquí vos propoñemos.

Bo Nadal a tod@s!!!

 

Despedida do ano

20 de decembro de 2019

 

Hoxe, as nenas e nenos de 3º celebramos co resto do alumnado do centro o noso propio Fin de Ano, do que deixamos un vídeo. Tamén rematamos este ano amosando as postais de Nadal coas que participamos no concurso organizado polo Concello de Carballo. Bo Nadal e ata o 2020!

 

 

Nadal 2019

19 de decembro de 2019

 

Deixamos aquí o vídeo que nos acompañou durante a actuación das nenas e nenos de 3º no Festival de Nadal 2019: "Quérote máis!".

 

NADAL LITERARIO 2019

BO NADAL A TOD@S

NADAL 2018

OS/AS ALUMNOS/AS DE 1º E DE 2º PASÁRONNO MOI BEN DECORANDO O COLE E ENSAIANDO PARA O FESTIVAL DO NADAL 2018!!!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Festival de Nadal

 

 

Xa estamos de volta! O pasado 20 de decembro foi o festival de Nadal, que celebramos no Pazo da Cultura. Foi un día moi especial e queremos compartir un pequeno recordo con todos vós. Nos seguintes enlaces podedes visualizar as diferentes actuacións coas que nos deleitou o alumnado:

TALLER DE POESÍA: NADAL

POEMAS DE NADAL

Adiantándose aos talleres de poesía que levaremos a cabo nos vindeiros meses no centro (dentro do proxecto de biblioteca BiblioPoemando), o alumnado de 5º de Educación Primaria quixo iniciarse na creación dos seus propios poemas con motivo destas datas festivas!

O resultado destas creacións é estupendo. Esperamos que desfrutedes léndoas tanto coma nós. Noraboa a todos polo enxeño creativo na redacción destes poemas!!!

NADAL SENTIMENTAL

NADAL SENTIMENTAL NO CEIP GÁNDARA SOFÁN

Ola a todas e todos, o Nadal está aí ben pretiño e no cole levamos días traballando para decoralo ben bonito. Este ano o noso alumnado deixou escritos os seus desexos para o ano novo. Merece a pena lelos!!!

Aquí deixamos unha mostra:

Distribuir contido


by Dr. Radut