FROITA

Como todos os anos celebramos a semana da froita, o alumnado disfruta moito comendo diversas froitas como laranxas, peras, amorodos,melón e uvas. Repetiremos a experiencia durante o curso.

 

OUTONO

Este curso fixemos na clase un mural sobre o outono. O alumnado traballou moito e moi ben para que quedara moi bonito e moi decorado!!!!

 

MAGOSTO

MAGOSTO

Festexamos o magosto degustando unhas ricas castañas!!!!!

 

PEÓN

DÍA DO PEÓN

Celebramos o día do peón facendo un concurso entre as clases de educación infantil e de educación primaria. Pasámolo moi ben!!!!

CONTACONTOS

O martes 19, e dentro da semana adicada ao libro, visitounos Manuel de Paderne, un contacontos moi divertido. A partir dos textos de Manuel María, foi construindo unha viaxe divertida e curiosa a través das historias que lle acontecían a este máxico personaxe.

 

 

CONTACONTOS

O alumnado de 5 anos, de 1º e 2º, asistiron no cole a un contacontos chamado Feliz Feroz, que foi moi divertido!!!

 

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo celebrouse o día da poesía. O noso alumnado traballou por equipos sobre a obra da poeta galega Rosalía de Castro. Aprenderon e debuxaron  parte da poesía "Adiós ríos, adiós fontes", para expoñer no taboleiro da lingua. 

 

MANUALIDADES

O alumnado de 1º e 2º disfrutaron traballando con pasta de modelar. Fixeron moitas figuras que quedaron moi chulis. Noraboa!!!!