Este curso 2016-2017 abordamos o día da paz dende o punto de vista musical.
A música é unha das expresión maís antigas que ten o ser humano para transmitir sentimentos e é por iso que se usou maioritariamente para celebracións festivo-conmemorativas onde a poboación de calquera época se xunta cun propósito común, celebrar algo en boa sintonía.
A música une, relaxa, e explica dunha forma que case todo o mundo entende, a esencia cultural dun pobo.
Coñecendo esta esencia e máis doado empatizar con outras xentes e outros pobos con distintas tradicións.