CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO AS TÚAS MANS SON NECESARIAS
Onte 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
No CEIP de Fontes-Baíña reunímonos todos e todas na sala de usos múltiples para realizar unha serie de actividades:
- Vimos un vídeo sobre os estereotipos.
- Gardamos un minuto de silencio
- O alumnado de 6º presentou o Decálogo que fixemos entre todos os cursos.
- E finalmente, cantamos todos xuntos.
Asemade, todo o alumnado levou para traballar na familia dúas fichas sobre o reparto de tarefas no fogar e orientacións para educar en igualdade.
- 104 lecturas