As persoas con TEA (Transtorno do espectro Autista) e as súas familias teñen dereito a vivir unha vida feliz!
Aprender, crecer, desenvolverse
É indispensable atender ás súas necesidades, contribuindo así a garantir o seu benestar emocional e a súa calidade de vida.
É imprescindible que dende as aulas, se fomente e transmita o respecto á diversidade para concienciar de que “todos/as somos diferentes".
En ARQUIVOS ADXUNTOS podedes ver os traballos realizados no taller de debuxo e redacción, nos que cada alumno/a representará o que para él/ela significa ser feliz. E comprobamos que...
AS COUSAS QUE NOS FAN FELICES SON COMÚNS A TODO O MUNDO!
2 de abril: Día Mundial da concienciación sobre o autismo
Hoxe día 26 de outubro o noso alumnado de Quinto curso participou nunha actividade que consistíu na realización de obradoiros de poesía visual, apoiados na metodoloxía do descubrimento a través do método socrático.
O próximo 2 de abril é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
As persoas con TEA deben ter as mesmas oportunidades para expresar o seu potencial tanto no ámbito da educación como no mundo laboral, grazas a entornos accesibles e apoios axeitados.
Para promover a inclusión o CEIP FONTES BAÍÑA súmase á campaña promovida por Autismo España, baixo o lema -Podo APRENDER. Podo TRABALLAR-
Cómo participar?
Cada neno e cada nena elixe unha ferramenta que represente unha das súas habilidades e suxétaa coa man.
Fai unha foto sostendo ou usando a ferramenta.
Envia a foto xunto co nome do/a neno/a e unha frase ás titoras ou á seguinte dirección de mail: fontuga20@gmail.com
Grazas ao préstamo durante un mes da maleta viaxeira de xadrezdo Centro de Formación do Profesorado de Vigo, tivemos a oportunidade de que o alumnado se iniciara neste interesante xogo de estratexia.
Cando rematou o préstamo, e dado o interese suscitado entre o alumnado, decidimos mercar taboleiros e continuar con esta actividade durante os recreos durante todo o curso.
Moitas grazas profe Julio polo tempo e o empeño que lle puxeches!
Este curso 2016-2017 abordamos o día da paz dende o punto de vista musical.
A música é unha das expresión maís antigas que ten o ser humano para transmitir sentimentos e é por iso que se usou maioritariamente para celebracións festivo-conmemorativas onde a poboación de calquera época se xunta cun propósito común, celebrar algo en boa sintonía.
A música une, relaxa, e explica dunha forma que case todo o mundo entende, a esencia cultural dun pobo.
Coñecendo esta esencia e máis doado empatizar con outras xentes e outros pobos con distintas tradicións.