Skip to Content

ACTO DE CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

 

Este curso 2016-2017 abordamos o día da paz dende o punto de vista musical.

A música é unha das expresión maís antigas que ten o ser humano para transmitir sentimentos e é por iso que se usou maioritariamente para celebracións festivo-conmemorativas onde a poboación de calquera época se xunta cun propósito común, celebrar algo en boa sintonía.

A música une, relaxa, e explica dunha forma que case todo o mundo entende, a esencia cultural dun pobo.

Coñecendo esta esencia e máis doado empatizar con outras xentes e outros pobos con distintas tradicións.

Entendemos que as representacións musicais escollidas no centro para este ano, que representan aos cinco continentes, é a mellor maneira de que os rapaces vexan como de diferentes somos pero á vez canto nos parecemos todos ao utilizar a música para celebrar un gran acontecemento ou simplemente polo simple xesto de pasalo ben con demais.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

 



story | by Dr. Radut