Skip to Content

Actualidade

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, foi proclamado polas Nacións Unidas no ano 1992, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e ademais para concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

Por este motivo e para conmemorar este día, na semana do 25 ao 29 de novembre, contamos no noso centro educativo cunha serie de talleres e charlas de sensibilización en materia de discapacidade, dirixidas ao alumnado de infantil e primaria e ofrecidos por COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discpacidad Física y Orgánica).

En concreto, o alumnado de 6º educación infantil participou no taller de sensibilización: “Aquí jugamos todas y todos” onde se presentou un conto como eixe principal da actividade, e a partir del ofrecéronse unha serie de actividades relacionadas.

O alumnado de 3º e 4º de primaria participou no taller “Todas y todos somos capaces” onde se tratou de concienciar aos nenos e nenas sobre a diversidade xenerando actividades e experiencias para acercalos a esa realidade das persoas con discapacidade, sensibilizando sobre a importancia de promover unha educación baseada no respecto, a tolerancia e a solidariedade.

O alumnado de 5º e 6º de primaria participou nun taller sobre accesibilidade: Gymkana inclusiva “Ponte en su lugar”. Nesta sesión despois dunha pequena presentación fíxose unha gymcana de actividades que se realizaron de forma simultánea e rotativa, de xeito que todos e todas pasaron polas diversas actividades coa finaidade de poñerse no lugar dunha persoa con discpacidade. A valoración da actividade foi moi positiva, e tod@s, profesorado e alumnado disfrutamos e aprendimos desta experiencia.

ver galería

"Os nosos valores - Escolas Branquiazuis"

O 13 de novembro, o alumnado de 6°curso de primaria  visitou o estadio de Riazor.

Ensináronnos: os vestiarios, o palco de autoridades, o banquillo,... Disfrutamos moito coa narración da súa historia e  coa visita guiada polas súas entrañas. No remate, agasalláronnos con regalos e autógrafos. 

Un bo día de fútbol sen que houbera partido. 

Forza Dépor!!   Nota de prensa

Froitos CARNOSOS de outono

Que ricos!!!

Ler a noticia enteira

Comida saudable, dentes fortes!

UNHA RICA MERENDA

Este conto amósamos exemplos de comida saudable, e como o lobo por non facer caso, atópase mal. 

Ler a noticia enteira

 

Vuelta al cole 19

ACTIVIDADES MES DECEMBRO

ACTIVIDADES MES DECEMBRO

ACTIVIDADE CURSO DATA HORA LOCALIZACIÓN
OBRADOIRO DE COCIÑA

5º EP

6º EP

MARTES 3

11:30

12:00

SUM PRIMARIA 
CONTACONTOS: Ú LA-LÚA? TODO EI LUNS 9 9:30 SUM INFANTIL

ESCOLA NAIS- PAIS

EDUCAR EN POSITIVO

PAIS/NAIS

VENRES 13

SÁBADO 14

16:00

10:00

SUM PRIMARIA

AULA COCIÑA CC LOS ROSALES

A GRAMOLA 4º EP MÉRCORES 18 12:00 TEATRO COLÓN
CONTACONTOS CONTRA A DISCRIMINACIÓN 3º EP MÉRCORES 18 10:40 SUM INFANTIL
SAN SILVESTRE SOLIDARIO TODO EI VENRES 20 10:00 PAVILLÓN LOS ROSALES

"NI UN BESITO A LA FUERZA"

Para conmemorar o 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero, na nosa aula escoitamos o conto "Ni un besito a la fuerza". Aprendemos que hai moitos besos, uns agradables e outros menos, e moitas formas de dalos.... pero sempre se nós queremos e se non é así: DIREMOS NON.

Tamén fixemos un "círculo de enerxía" mentres soaba "La puerta violeta" de Rozalén, para enviar a nosa enerxía positiva a quen o necesite.

LEMOS SOBRE OS VEXETAIS E AS FROITAS

FROITOS DE OUTONO

Distribuir contido


by Dr. Radut