Skip to Content

Actualidade

ESTE É O NOSO COLE!

Agora chegaron as vacacións, imos descansar para volver con moitas ganas en setembro.

Estamos desexando coñecer aos peques novos e que veñades a pasalo moi ben connosco.

Mentres, deixámosvos esta pequena presentación para que poidades ir coñecendo o que será o voso cole.

 

 

CEIP EMILIA PARDO BAZÁN Equipo E. Infantil

FIN DE CURSO

Este non foi un curso máis, non foi un curso calquera, foi un curso tan especial que sempre quedará nas nosas memorias, un curso en que TODO UN PAÍS, tivo que quedar na casa.

Foi un curso que demostrou que somos máis fortes, que podemos estar xuntos e unidos na  distancia, que podemos e sabemos facer moito máis do que parece e que "imposible" non existe porque unha escola : nenos, nenas, profes, familias e persoal non docente, é ante todo ilusión e motivación para facer proxectos novos. A escola é ese lugar máxico onde todo é posible: dar clase sen  tempos de lecer, sen encerados, sen libros nin folios, sen "profe, podo ir ao baño?", sen "pero xa son as dúas!!!!", sen "podes calar que quero falar eu!!!!" sen... pero na que non pode faltar nenos, nenas, mestres, mestras e moitas gañas de traballar (ou poucas que tamén hai)

Este foi un curso no que o profesorado encheuse de enxeño e moitas horas para motivar ao alumnado e traballar nestas condicións inimaxinables e facerse , de súpeto, expertos en informática e novas tecnoloxías , para actualizar navegadores e poder vernos dende lonxe e permanecer unidos, para navegar por todos os recursos, para usar a súa inventiva e moita imaxinación e poñer todo ao alcance dos nenos e nenas.

Este foi un curso no que nenos e nenas, aínda que tiveran que estar pechados na casa, sen poder soltar esa enerxía que irradian en cada momento, iniciaron unha aprendizaxe distinta, a distancia.

Este foi un curso no que os pais e nais, con toda a súa inquedanza e o seu medo por esta situación, con moita paciencia, botaron unha man (máis ben, as dúas) para que os seus fillos e fillas seguiran a súa aprendizaxe e que, tamén, se fixeron expertos informáticos e mestres.

Este foi un curso no que o alumnado de 6º viu aprazada a súa despedida do cole onde, a maioría deles, pasaron nove anos da súa vida, de nenos a mozos: non houbo Alvarella, nin bágoas no patio, nin abrazos de despedida á ese mestres e mestras cos que compartiron bos e non tan bos momentos... Pero que aprenderon a ser máis fortes, que un virus non pode coa ilusión de estar xuntos e que lles axudará nesta nova, ilusionante e fermosa etapa.

Por todo isto, este é un curso de dar grazas, grazas, grazas.... grazas aos nenos e nenas por ser así, nenos e nenas, grazas as familias polo traballo extra e grazas aos compañeiros e compañeiras que tanto tempo e esforzo dedicaron para que isto funcionase.

MOITAS GRAZAS A GRANDE FAMILIA QUE FORMAMOS O EMILIA

.... e vémonos en setembro

 

 

O equipo directivo EPB

 

Novidades e prazos para a solicitude das bolsas de comedores escolares

Dada a publicación da convocatoria durante a vixencia do Estado de Alarma, declarado pola situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19, o prazo de 10 días para a presentación da solicitude quedou suspendido, iniciándose agora o vindeiro luns 1 de xuño de 2020.

O prazo remata o 30 de xuño.(actualizado)

Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais, nesta mesma web e en sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es)

Toda a información na web do concello de A Coruña

REPARTO DO MATERIAL ESCOLAR

REPARTO DE MATERIAL

O reparto do material escolar será feito por cada titor co seguinte horario:

XOVES 28 DE MAIO

9:30-10:30 1ºA EP 2ºA EP 5ºB EP 5ºB EI 6ºB EI
10:30-11:30 1ºB EP 2ºB EP 5ºC EP 5ºC EI 6ºC EI
11:30-12:30 1ºC EP 2ºC EP 5ºA EP 5ºA EI 6ºA EI

VENRES 29 DE MAIO

9:30-10:30 3ºA EP 4ºB EP 6ºA EP 4ºB EI
10:30-11:30 3ºB EP 4ºA EP 6ºB EP 4ºA EI
11:30-12:30 3ºC EP 4ºC EP 6ºC EP 4ºC EI

PARA EDUCACIÓN INFANTIL ACCEDERASE POLA PORTA DO PATIO POLA QUE SE RECOLLE AO ALUMNADO.

PARA EDUCACIÓN PRIMARIA 

  • 1º, 2º, 5º, E 6º ACCEDERÁN POLA PORTA PRINCIPAL E SUBIRÁN POLA ESCALEIRA DA ESQUERDA.
  • 3º E 4º ACCEDERÁN POLA PORTA DO PATIO CUBERTO E SUBIRÁN POLA ESCALEIRA MÁIS PRÓXIMA Á PORTA DESA ENTRADA.

NORMAS:

  • No caso de irmáns e de querer acudir nunha soa quenda deberase avisar ao centro con anterioridade do alumnado e do horario escollido para poder xuntar o material.
  • Preferiblemente deberá acudir só un adulto.
  • Deberase traer bolsa ou mochila para transportalo.
  • A permanencia no centro debe limitarse ao imprescindible para a recollida do material.
  • Deberase acceder ao recinto con mascarilla.
  • Deberase manter dentro do recinto a distancia de seguridade e nas escaleiras a circulación pola dereita.
Mensaxe da ANPA:
Aproveitando que a escola abre as súas portas para ir a recoller o material das aulas, decidimos utilizar os mesmos días e os mesmos horarios para que poidades vir a recoller o material das actividades extraescolares ao COLEXIO AZUL.
 
-Días: xoves 28 e venres 29 de maio.
-Horario: 9:30 - 12:30 horas.
-Lugar: entrada do PATIO CUBERTO do colexio azul.
 
MOI IMPORTANTE !!!!
- É NECESARIO vir con MASCARILLA.
- Antes de recoller o material se vos proporcionará xel hidroalcohólico para desinfectar as mans.
- So poderedes entrar de un en un, polo que se vos toca esperar debedes facelo fora gardando a distancia de seguridade.

REMATADA A EMISIÓN DO PROGRAMA "ONDA TI" DA NOSA RADIO EMILIA NA ONDA

Moitísimas grazas a Diego e a Manuel e ao resto de colaboradores por facernos levadeira a etapa de confinamento e darnos a posibilidade de achegarnos ao resto da comunidade educativa a través da radio en directo. Máis información na web da nosa biblioteca: https://bibliotecaepb.blogspot.com/

Todos os programas emitidos no seguinte enderezo: 

https://www.spreaker.com/show/biblioteca-epbs-ondati

     

O amigo pequeno

Cando nos gusta tanto ser amigos e amigas non hai quen poida con nos!!!!

Por iso, e ainda que estamos cada un na súa casa, fixemos este vídeo todo xuntos, os maiores dedicamos un conto ao pequenos e os pequenos, fixeron uns arcos da vella preciosos.

Esperamos que vos guste e disfrutedes coma nós.

 

 

CONTO: O "EMILIA" GAÑA AO CORONAVIRUS

Jessica e Priscila, coa colaboración das familias e dos mestres do cole deléitannos con este estupendo conto: O "EMILIA" GAÑA AO CORONAVIRUS tamén hai versión en lingua castelá

SOLIDARIDADE VECIÑAL

Queremos facernos eco dunha carta aos veciños atopada no noso barrio. Apareceu unha nota como a que se ve na foto e parécenos unha boa iniciativa solidaria para os tempos que vivimos e por iso a damos a coñecer na nosa web, para darlle difusión. Noraboa á xente que o organizou, o feito de compartir con quen ten dificultades fai da nosa unha sociedade mellor.

INICIATIVAS DE AYUDA EN ACCIÓN ABERTAS A TODOS

Desde Ayuda en Acción fannos chegar duas iniciativas moi interesantes:

A primeira ven desde a Plataforma de Organización da Infancia e consiste en que queren recoller as inquietudes dos nenos, nenas e adolescentes sobre o COVID-19 e o confinamento na casa, para facerllas chegar ás autoridades. Coa información obtida, realizarase un documento coas preguntas e respostas achegadas e trasladaráselle aos participantes. Precisa un correo electrónico de resposta que terá que ser dos vosos maiores.

podedes acceder na imaxe.

 

A segunda iniciativa ven dende a Campaña Mundial pola Educación, lanzan a campaña #LaMejorLeccion, na que te invitamos a facer esta reflexión: Cal é #LaMejorLeccion que estás aprendendo nesta crise? Para iso, fan a seguinte proposta para profesores, estudantes e calquera que queira contribuír coas súas leccións. 

  • REFLEXIONAR: reflicte o que estás aprendendo nestes días limitados sobre educación; Como te sentes e como pensas que a educación pode axudarnos a saír desta crise máis forte? 
  • ESCRIBIR: escribe a túa lección no formato que desexes (páxina en branco, ou imitando este modelo no que podes inspirarte).
  • COMPARTIR: compartir a túa lección a través de RRSS, ben cunha foto de ti mesmo coa túa lección escrita, ou a través dunha foto, vídeo ou mensaxe. Non esquezas usar o hashtag #LaMejorLeccion. Aquí podes atopar algúns exemplos de inspiración.
Distribuir contido


by Dr. Radut