Educación Infantil

Alimentámonos cos libros.

Comezamos buscando libros que nos alimenten ben e nos incite a curiosidade para saber máis sobre os alimentos, e a gran variedade de froita.

 

 

 

¡Qué divertidas son estas froitas!

 

Escollendo as mellores receitas, ricas e variadas que nos leven a tomar hábitos saudables.

 

Cal será a que máis nos gusta?...

 

anterior

 

Plan Proxecta: FROITA NA ESCOLA

Resultado de imagen de plan proxecta

 

Dámosvos a benvida un ano máis ao Plan Proxecta. Despois de ter traballado no proxecto "Saboreando o mar de Galicia" no que afondamos no consumo de produtos do mar, este curso continuamos a nosa andaina cara unha alimentación saudable co proxecto "Tan ricamente".

Neste novo proxecto, que complementa ao Proxecto Documental Integrado do centro "Sabor e saber", aprenderemos sobre a importancia do consumo de froita para o fomento dunha elección alimentaria saudable, educándonos como consumidores responsables.

 

 seguinte

 

DÍA DA PAZ 2019

O alumnado de infantil celebrou o Día da Paz coa canción escollida este ano que foi a de María Fumaça "Ven comigo".

 

A CHOQUEIRADA DE INFANTIL

O xoves da choqueirada foi unha xornada divertidísima no aulario de infantil.

 A creatividade dos disfraces, a música e os bailes fixeron que todos pasaramos un día xenial.

Aquí deixámosvos unha mostra fotográfica do que vivimos. Fixádevos ben nas fotos, cada cal máis orixinal.

     

    

   

     

 

 

QUENTANDO MOTORES NO AULARIO DE INFANTIL…

 

Atrás deixamos a celebración do día do amor e a amizade e xa imos quentando motores para dar a benvida a unha das datas máis emblemáticas do calendario: o entroido.

A arte, a danza, a música, a gastronomía, a creatividade e a diversión danse a man nestas festas.

O xoves gozaremos da choqueirada e o venres bailaremos o chotis madrileño.

 

 

MAFALDA E AS SÚAS AMIZADES, NA CLASE DE 4 ANOS

 

 

Co gallo da entrega dos premios Príncipe de Asturias 2014, nos que o humorista gráfico Quino foi agasallado pola súa traxectoria profesional, os medios de comunicación lembrábannos a grande achega educativa dos seus máis coñecidos personaxes: Mafalda.  

O seu galardón de comunicación e humanidades fíxome lembrar nas moitas  horas de formación nas que reflexionabamos sobre a necesidade de levar á escola os materiais producidos pola sociedade na que vivimos, para poder velos dende múltiples perspectivas.

E xa que o cómic creado por Quino hai xa 50 anos foi no seu inicio unha obra dirixida aos adultos na que reflectía o seu mundo visto polos ollos dun grupo de nenas/os, pareceume interesante facer unha inmersión neste tipo de texto co desexo de desenvolver nas/os nenas/os a súa capacidade para producilo e interpretalo.

        

A través dunha selección de imaxes claras de diferentes expresións da protagonista do cómic, estiveron a interpretar o seu estado de ánimo dialogando sobre o que facía, onde estaba, que podería pensar ou que podería dicir… para despois elixir as cores que mellor representaban un destes sentimentos no hipotético suposto de que Quino non publicara as súas tiras cómicas nun xornal e se plantexara a posibilidade de darlle cor ás súas viñetas.

Seguindo o fío condutor dunha secuencia, buscaron opcións para mellorar a conduta dos personaxes nesa situación e así decatarse da ampla ambigüidade que proporciona cada visión individual dun feito da vida cotiá.

Tamén adicaron tempo, en pequenos grupos no Recanto da biblioteca, a tomar conciencia das emocións dos personaxes e dos seus sentimentos. Estas reflexións  escribíronas na súa propia tira cómica, respectando a fase de escritura na que se atopa cada quen, establecendo un diálogo entre o plantexamento do autor e a súa propia visión do que acontece… co desexo de esbozar un pequeno sorriso nas/os admiradoras/es da obra de Quino (VER TEXTO COMPLETO COAS PRODUCIÓNS DAS/OS NENAS/OS NO ARQUIVO ADXUNTO EN PDF).

 MAR Santiago Arca

TODAS/OS LEDAS/OS COA CHEGADA DE MARY POPPINS

Non foi o vento do leste quen trouxo a Mary Poppins ata a nosa clase, senon o tempo cálido dos primeiros días de setembro. Xuntas/os de novo falaban das películas de viran durante os meses do verán; imaxino que como consecuencia do mal tempo acontecido as familias recorrerían a esta proposta para ocupar parte do tempo de lecer. Pero ninguén facía referencia á película que hai xa 50 anos estreou a factoría Disney.

Sí era certo que algunhas e algúns a viran nalgunha ocasión, pero alleas/os á polémica desatada pola súa autora quen non cría ver o personaxe que ela creara na gran pantalla. Era certo? Pareceume una boa pregunta. E camiñamos en busca dunha resposta, empregando este texto literario como fonte de reflexión así como unha nova linguaxe sobre o que reflexionar: o cinema.

Ao longo dos días escoitaban pequenos fragmentos deste clásico da literatura infantil e xuvenil ao tempo que progresaban no desenvolvemento das súas habilidades de pensamento. E comezamos na “Calle del Cerezo”, número 17 imaxinando posibles formas para as nubes que Jane y Michael Banks vian dende a fiestra da súa casa mentres esperaban a chegada do seu pai.

Nese intre fixéronse unha primeira impresión da muller que viron chocar contra o enreixado da súa casa. Poñéndose no lugar dos dous irmáns, e apoiándose en fotogramas da película, imaxinaron e describiron o aspecto físico e a vestimenta de Mary Poppins co maior número de detalles. Para supor como sería o  seu carácter, pensei que comparalo co que din as biografías da súa autora resultaría interesante.

Despois de exponer os seus pensamentos, linlles pequenos parágrafos do primeiro libro da saga que escribiu Pamela L. Travers para ver se coincidía coas súas reflexións. Ademáis de pequenos detalles como que a roupa fora de cor azul escura e que non viran os botóns porque os tapaba a bufanda, o que máis lles chamou á atención foi que a autora non  describira á institutriz con tantas cualidades positivas como elas/es supoñian que tiña. 

Casualmente tamén foi un xoves, este curso facemos as sesións de xogar a pensar este día da semana, cando marchamos ao encontro do home dos mistos Bert despois de dialogar sobre o que pasou ao mesturar auga morna e azucre. Mollando xiz de cores nesta auga adozada, pintaron as súas propias obras artísticas. E igual que os protagonistas do libro no seu día libre, vímonos de súpeto metidas/os dentro do  cadro de Paul Cezánne: “Casa en Provenza”.

Fascinadas/os pola aclamada canción da película, “Supercalifragilisticoespialidoso”, tentaron dicir con palabras o máis concisas posible o que acontece nesa escena.

Incluso nos atrevemos a emprender unha viaxe a Londres animadas/os pola propia Mary Poppins, en avión porque é mais rápido ca un trasatlántico. Preparamos o noso billete, a  equipaxe e os cartos que iamos necesitar.

Xa a piques de finalizar o trimestre, non podiamos deixar de pensar en cal sería o mellor agasallo para quen durante tres meses transformou, case máxicamente, a nosa vida na escola. Era xa decembro cando o vento do leste soprou con forza e os retratos de Mary Poppins encadernaban o dossier do noso proxecto de investigación. Para rematar só faltaba escribir: “Mary Poppins … polas/os nenas/os de 4 anos B do CEIP Emilia Pardo Bazán, da Coruña” (VER TEXTO COMPLETO COAS PRODUCIÓNS DAS/OS NENAS/OS NO ARQUIVO ADXUNTO EN PDF).

MAR Santiago Arca

 

UNHA DAS NOSAS EXPERIENCIAS NUNHA PUBLICACIÓN EDUCATIVA

No curso escolar 2000-2001, os centros de formación para o profesorado ofrecían en Galicia os primeiros cursos de “Filosofia para nenos e nenas”, impartidos polas creadoras do Proxecto Noria: Irene de Puig e Angélica Sátiro.

 

As mestras e mestres que asistimos, descubrimos que non tiña nada que ver coa filosofía que nós estudaramos nos nosos anos escolares, senón que o que nos estaban a mostrar era un enfoque para axudar aos nenos e nenas a ser máis autónomos, a pensar por eles mesmos, a explorar alternativas a os seus puntos de vista, a descubrir os seu propios prexuicios e a que atopen razóns para as súas crenzas…sempre na compaña dos demáis. É dicir, proporcionarlles ferramentas para mellorar a súa capacidade de xuizo, e que en consecuencia poidan ser máis creativas/os e quizais máis libres.

 

Ese primeiro curso, os vindeiros asistimos a niveis más avanzados de formación, esixía a realización dun traballo práctico. Nel pedíannos que desenvolveramos nos nosos alumnos e alumnas habilidades de pensamento a través dun intercambio comunicativo empregando distintos materiais.

 

Ademáis deberíamos documentar a nosa experiencia: recoller por escrito a conversa, distinguindo as intervencións da mestra para facilitar o diálogo, das argumentacións das nenas e nenos, e incluir as producións que xurdiran.

                     

Dende entón non deixo de facelo na miña aula, programo unha sesión semanal de “Xogar a pensar” que documento seguindo a mesma proposta do curso. O artigo “Cuento sobrehilado” publicado na páxina 92 do nº 11 da  revista “Crear mundos”, e unha destas sesións.

MAR Santiago Arca

A VOLTAS COAS MATEMÁTICAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

     O pasado 28 de setembro de 2013 na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago, con motivo dos I Encontros de Educación Matemática para Infantil e Primaria, visualizouse un video no que as nenas e nenos de 6º “B” de Educación Infantil (Curso 2012-2013) do noso colexio traballan por parellas na resolución dun problema matemático. A súa tarefa consistía en documentar por escrito o proceso de reparto de 4 tacos de plastilina en 25 anacos.

MAR Santiago Arca

Distribuir contido