Skip to Content

Os/as nenos/as de Educación Infantil, "SON, PENSAN E FAN" na revista CREARMUNDOS

CREARMUNDOS é unha entidade sen ánimo de lucro especialmente próxima á cidadanía comprometida con proxectos de creatividade e innovación social en variados ámbitos. Organízase e realizase dende unha perspectiva intercultural e interxeracionale ademais de equilibrar a presenza e a achega dos distintos xéneros. 

Dentro das súas actuacións está a publicación dunha revista, acábase de editar a terceira deste ano 2022. É un número interesante e variado que inclúe prácticas realizadas no colexio con nenosias de Educación Infantil, destacando o valor das súas palabras. 

Animámosvos a lela e esperamos que atopedes satisfacción na súa lectura. 



page | by Dr. Radut