AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2020-2021

Infórmase que no día de hoxe saiu publicada no DOG a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

- ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 19-20 (agás o alumnado de 1º e 2º EP)

- ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 € (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000 €(para material escolar). A renda será a do exercicio 2018.

Documentación a achegar:

-Solicitude cuberta preferentemente por vía telemática nos seguintes enderezos: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou https://sede.xunta.gal

O prazo para a entrega da documentación será desde o 20 de maio ata o 19 de xuño de 2020 tanto na sede electrónica como na Secretaría do centro.

 CIRCULAR INFORMATIVA  

DOG COA ORDE 

ANEXO I

 ANEXO II