Skip to Content

Circular inicio de curso

Comezamos un novo curso e recordamos algúns aspectos importantes no seguinte adxunto.

Benvidas e benvidos!!!!

Reunión familias

Reunións informativas comezo de curso

PROXECTO EDIXGAL. Información para o alumnado de 5º e 6º de primaria.

O alumnado de 5º de EP traballará este ano por primeira vez con libros dixitais, dentro do proxecto E - Dixgal. Para poder levar os equipos á casa previamente deberá ser entregado cuberto e asinado o documento de cesión dos mesmos que será entregado no centro.

Podedes consultar toda a información para as familias na seguinte ligazón https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal/informacion-para-familias

No folleto informativo atoparán entre outras cousas información sobre o equipamento que recibe o alumnado, a resolución de problemas a través do soporte premium, o seguro que oferta a consellería...

COMO CONTACTAR CO SERVIZO PREMIUM

  •  TELÉFONO 881 86 99 00
  • Whatsapp (sen chamadas)

 604 06 78 56

  •   @Serviciopremiumedixgal

SEGURO ANUAL

881 505 136

Folleto informativo familias

SOPORTE PREMIUM

 

 

 

RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR. SETEMBRO 2024

 

                        

 

 

Resolución definitiva do reparto de fondo libros 3º e 4º

A partir de mañá 11 de xullo de 2024, estarán expostas no taboleiro de anuncios do centro, a resolución definitiva do reparto de fondo libros para 3º e 4º curso de Educación Primaria.

Poderán consultarse no centro ata o día 19 de xullo en horario de 10h. a 13h.

Axudas libros e materiais

Xa están publicadas as listaxes provisionais das axudas de fondo libros no taboleiro de anuncios do colexio. O prazo de reclamacións remata o día 10 de Xullo. O día 11 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.

 

Os cheques das axudas de libros e de materiais poden ser recollidos na secretaría do centro en horario de 10.00h a 13.00h.

 

CORO DAS EMOCIÓNS. XUÑO 2024

 

   O venres 14 de xuño tivo lugar no CMUS profesional o concerto fin de curso do Coro das Emocións do noso cole. Despois dun gran traballo ao longo do curso preparando un variado repertorio con gran ilusión, chegaba o día da presentación. Tivemos a sorte de contar un ano máis cos músicos do IES Monte das Moas (Dijo 4) e tamén coa colaboración especial de J. Antonio García Mato (director do coro “Concerto tempo” e filiais) e a nosa querida cantante Rosa Cedrón. O coro estivo magnífico, chegando a emocionar ao numeroso público asistente.

 

   Se queredes escoitar o concerto íntegro, aquí o tedes.

 

 

ARRIBA O PANO. XUÑO DE 2024

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025

 

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2024/2025

 

 

 

 

LISTAXE DE MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2024/2025

 

 EDUCACIÓN  INFANTIL

(3 ANOS)

5º EDUCACIÓN INFANTIL

(4 ANOS)

 EDUCACIÓN  INFANTIL

(5 ANOS)

 

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut