Skip to Content

ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS E SAÍDAS DO COLEXIO - OBRAS DE MELLORA DOS ASEOS NO PATIO CUBERTO DE PRIMARIA

Estimados pais:

 O vindeiro luns día 23 de abril de 2018, darán comezo os obras de mellora e acondicionamento dos aseos do alumnado no patio cuberto de educación primaria. Con tal motivo as entradas e saídas do alumnado de educación primaria realizaranse do seguinte xeito:

* ENTRADAS (8:50-9:10 h.):

Todo o alumnado de educación primaria entrará no colexio pola fachada principal, empregando as portas situadas no lado esquerdo ao carón da porta da biblioteca e conserxería, dirixíndose directamente ata o patio cuberto traseiro, onde formarán as filas por curso e grupo.

O resto do alumnado de educación infantil continuará entrando como ata agora, seguindo os accesos situados entre a liña amarela e o valado do recinto escolar.

* SAÍDAS (14:00-14:10 h.):

A recollida do alumnado de educación primaria realizarase ao igual que ata agora. O alumnado de 1º-2º cursos será recollido polos seus familiares no patio cuberto. O resto dos cursos sairán pola porta principal do colexio. As familias do alumnado de 1º-2º cursos deberán rodear o edificio de educación primaria ata chegar ao patio cuberto empregando o acceso pola parte traseira do colexio, realizando o camiño de volta polo mesmo acceso acompañado dos seus fillos.

O alumnado que asista ao comedor escolar formará filas no Salón de Usos Múltiples como ata agora, pero a saída cara o comedor realizarase polas portas da fachada principal.

* SAÍDAS DO COMEDOR ESCOLAR (16:00 h.):

O alumnado que asista ao comedor escolar esperará no patio cuberto de primaria a chegada dos seus familiares, que deberán rodear o edificio de educación primaria ata chegar ao patio cuberto empregando o acceso pola parte traseira do colexio.

USO ALTERNATIVO DE ASEOS

Durante o tempo que duren as obras o alumnado empregará durante o horario lectivo os aseos de cada un dos andares do edificio de primaria antes e despois do recreo baixo a supervisión do profesorado.

Durante o horario de comedor escolar o alumnado empregará os aseos situados no aulario infantil ao carón do comedor escolar baixo a supervisión dos monitores de comedor.

Esperamos contar coa súa colaboración cumprindo as normas establecidas. 

A Coruña, 19 de abril de 2018

A DIRECCIÓN

 



page | by Dr. Radut