Skip to Content

O AMENCER DA HUMANIDADE

Dende o martes 30 de abril o centro acolle a exposición O amencer da humanidade. O poboamento paleolítico de Galicia. Unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021, co obxecto de dar a coñecer as últimas investigacións desenvolvidas no ámbito da prehistoria en Galicia.  

Ademais de paneis informativos en formato rollup, a mostra inclúe varias réplicas de materiais arqueolóxicos, un audiovisual explicativo e dúas unidades didácticas para 6º de educación primaria e educación secundaria. 

A exposición poderá visitarse, en horario de tarde, ata o vindeiro luns 20 de maio.



page | by Dr. Radut