Blogues

CULTIVAMOS A NOSA HORTA

Imos plantar a nosa horta, e levamos todo o que precisamos para facer a nosa plantación. O carro coas ferramentas, as sementes e as regadeiras.

Xa estamos preparados para sementar.

Primeiro, retiramos un pouco a palla para ver ben onde facer os buratos para poñer a semente.

Despois, poñemos a semente en gran ou planta.

Para despois tapar con terra, a semente ou as raíces da planta, para que prenda ben.

Cando rematamos, voltamos poñer a palla para que non medren as malas herbas...

...e regamos.

Agora toca agardar a que medren, e regar de vez en cando.

Plantamos porros, allos, cenorias, brócoli morado, leitugas, rábanos, cale, acelgas, fabocas, escarola.

Así de estupendo nos medrou, e xa toca recoller os froitos do noso traballo para probalos.

Qué bos estaban!!!

anterior     posterior

 

 

ARTE CON FROITAS E VERDURAS

Giuseppe Arcimboldo foi un pintor italiano que debuxaba os seus cadros a partir de froitas, verduras, plantas e animais. Nós propuxémonos facer algo similar. Aquí podedes ver o resultado.

Iniciamos esta actividade coas láminas de Arcimboldo.

Despois comezamos coas coas nosas creacións.

Estas foron os resultados.

anterior      posterior

Entroido 2020

Este ano e como ven sendo habitual, seguimos a temática do proxecto que se está a facer no centro: comida sa e saudable

Fomos todos con disfraces relacionados coa comida, os pequenos fomos de froitas e os nosos amigos maiores, de camareiros e camareiras

E, por primeira vez, fixemos un percorrido por fora do centro, como cando facemos a volta al cole, foi moi divertido e había moita xente pola rúa animándonos. 

Logo no cole bailamos un pouco e logo degustamos os doces típicos deste tempo.

Contacontos

O profe de prácticas que estivo cos nosos amigos maiores regaloulles un libro moi bonito: La preocupación de Lucía.

Un llibro moi chulo que fala dunha nena, Lucía, que sempre estaba contenta ata que descubriu unha preocupación e a importancia que ten compartila cos demais para poder desfacerse dela.

Os amigos maiores fixeronnos un contacontos e nos convidamos aos compañeiros e compañeiras de nivel.

Foi moi bonito e entretido!

Grazas!!!!

FACEMOS FROITAS E VERDURAS CON PLASTILINA

Como xa sabedes somos uns artistas, así que nesta ocasión fixemos froitas e verduras con plastilina. Por certo, sabemos como se chaman todas elas!

                                                   anterior     posterior

BATIDO DE CAMPIÓNS E CAMPIOAS!!!

Para facer esta receita eliximos as 2 froitas máis populares, plátano e o amorodo. Ademáis escollimos unha verdura que nos aporta moita enerxía, as espinacas.

Primeiro fixemos o batido coas froitas, estaba delicioso! O plátano e o amorodo son unha mestura moi saborosa, cremosa e cunha cor vermella moi bonita, a todos nos encantou!!!

Despois fixemos o mesmo batido, engadindo tamén as espinas. A cor mudou un pouco, porén o sabor era case o mesmo porque as espinacas non fan que saiba diferente. Nesta ocasión estabamos algo reticentes para probar, pero como somos moi valentes probamos e a moitos de nós encantounos. É unha forma de consumir verdura moi fácil!

anterior    posterior

PRACTICAMOS COMO SEMENTAR!

Temos un horto na escola moi grande cheo de verdura rica rica, pero tamén nos gusta practicar en clase como se sementa. Estes son os pasos:

PASO 1: PREPARAR A TERRA

PASO 2: FACER BURATOS PARA AS SEMENTES

PASO 3: METER AS SEMENTES NOS BURATOS

PASO 4: TAPAR OS BURATOS 

PASO 5: REGAR...como non podemos usar auga neste xardín imaxinamos que lla botamos.

 

anterior     posterior

PLANIFICAMOS O NOSO MENÚ!

Para unha boa alimentación hai que saber elixir un menú axeitado. Nós seguimos o prato Harvard para a correcta alimentación. A metade do prato está composto por vexetais, froitas e e froitos secos. A outra metade está dividida entre cereais integrais e proteínas saudables, tal como se ve a continuación:

Para saber elixir mellor os nosos menús practicamos cun xogo de Nestle: https://www.nutriplatonestle.es/nutrikids?utm_source=BdD&utm_medium=emai...

Despois fixemos o mesmo coas tarxetas, eliximos e explicamos que había no noso prato.

No noso mercado temos reservado un lugar para ideas de menús saudables.

Estes son as nosas ideas para nenos e nenas, familias e mestres!

 

                                              anterior    posterior

FROITOS SECOS E CARNOSOS

Levamos uns meses traballando con este mural para saber diferenciar ben entre froitos secos e carnosos. Hai algúns que aínda non probamos, pero xa sabemos que son.

 

anterior      posterior

PINTAMOS FROITAS!

Estes días estivemos pintando froitas, algunhas veces na pizarra dixital e outras veces nunhas fichas. A estas alturas do curso pareceunos moi fácil, xa sabemos moi ben as cores das froitas e de case todas as verduras!

Esta actividade está en https://spain.minilandeducational.com/school/juegos-online-alimentacion-saludable-ninos.

 

anterior     posterior

Distribuir contido