Skip to Content

EDLG

Equipo Dinamización Lingüística

A VIAXE DE EMILIA POLA CIENCIA

 Aquí temos a 2º edición da celebración do Día da Ciencia en Galego.

No noso colexio conscientes de que neste ámbito a diferenciación de xénero é moi evidente promovemos actividades deste tipo coa intención de educar en igualdade.

Nenas e nenos implicáronse na busca de información e materiais, investigaron, experimentaron... e chegaron a conclusións cada cal mais interesante!!!

 

 

MEMORIA FOMENTO DO GALEGO 2016-17: DANZAMOS

 

Vivir na Coruña, que bonito é

Como  homenaxe a  todos os  CASCARILLEIROS espallados  polo  mundo incluimos este interesante video: VIVIR NA CORUÑA

 

Queredes aprender a letra da canción?

OS ALIMENTOS (Vocabulario en galego)

A nosa cultura no mundo

Como  xa  sabedes , a  cultura  galega  traspasa  fronteiras  e  mesmo  hai  xente  estudando a nosa lingua e a nosa literatura  en  países  tan  lonxanos  como  Hungría, Sabedes  onde  está? Saberiades  situala neste mapa mudo?

 

Mirade  o  ben  que  fala  o  galego  esta  moza  húngara e  canto  admira  a  nosa  lingua!!! 

Fala   tan  ben,  que  mesmo  é  quen  de  traducir  as  obras  de  Cunqueiro  ao  seu  idioma!!

 


 

 

CONCURSO DE DESEÑO DUNHA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA

O xurado do Concurso de deseño dunha campaña de promoción da lingua galega en centros públicos de educación primaria da cidade da Coruña, organizado polo Equipo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, concedeu o 1º Premio o noso centro pola campaña en torno a personaxe de FEIRÁN.

Se queredes coñecer a FEIRÁN visitar o seu blogue:


 O acto de entrega dos premios tivo lugar o martes día 8 de febreiro de 2011, no Salón Real do concello. O acto estivo presidido por Ermitas Valencia, Concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña e o mestre de ceremonias foi Xoán Costas Casas, presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Entre o público asistente cabe destacar unha nutrida representación de alumnado do noso centro.

 

 


  

             

 

Para máis información consultar o seguinte enlace:

SNL do Concello da Coruña

Composición Equipo Dinamización Lingüística

Distribuir contido


by Dr. Radut