Skip to Content

Actualidade

A FRAUTA MÁXICA

 

Quen é o home paxaro máis famoso do mundo? Vos diredes que Superman, Batman ou Icaro...Pois non, o top ten das alturas é Papaxeno. Comprobádeo o 3 de xuño as 5 da tarde no teatro Calvo Sotelo. Estades todos invitados a deixar voar a vosa imaxinación e escoitar boa música grazas os rapaces do CEIP Emilia Pardo Bazán e o ilustrísimo mestre Mozart.

 

 

XOGOS TRADICIONAIS

Chega o momento dos Xogos Tradicionais na escola.

Os nenos de 1º e 2º comezaron a semán pasada a coñecer algúns dos xogos aos que xogaban ós seus pais e avós.

Que divertido!

Lembrades?

  • Trompos
  • Canicas
  • Corda
  • Goma
  • Zancos
  • Mariola
  • Petanca

Podedes traer todos aqueles que queirades para dalos a coñecer.

Animádevos a participar!

 

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

En cumprimento co disposto no artigo 4º.2.a da Resolución do 24 de abril de 2015, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos/as de terceiro curso de primaria para o curso 2014-2015 (DOG 30-04-2015), informámoslles que:

  • A finalidade da avaliación individualizada, tal e como se expresa no artigo 2º da devandita resolución é “comprobar o grao de destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática”.

  • A realización das probas realizarase nos días 27 e 28 do presente mes de maio (art.1), e nelas todas as nenas e os nenos de 3º curso de educación primaria deste centro, así como o resto do alumnado deste nivel da nosa Comunidade Autónoma, participarán nas citadas probas avaliativas.

  • Esta avaliación ten carácter informativo e orientador.

  • A proba estará constituída por cadernos de alumnado para cada unha das competencias obxecto de avaliación e cuestionarios de contexto dirixidos ao profesorado, á dirección do centro, ao alumnado e ás súas familias. 

  • Os cuestionarios de contexto dirixidos ás familias pódense cubrir de dúas formas:

           * Ata o día 20 na páxina web (cada alumno/a coa súa clave de acceso)

http://www.edu.xunta.es/cuestionarioavaliacions

           * A partir do día 27 de maio en papel que facilitará o colexio.

* Informacións no portal educativo.

CREANIÑOS 2015

“… el conocimiento surge de las relaciones entre los seres humanos, que gran parte de lo que interiorizamos procede de modelos y motivos ajenos y que construimos nuestro conocimiento en los contextos sociales del hogar, la escuela y la comunidad en general”.

Howard Gadner. LA EDUCACIÓN DE LA MENTE Y EL CONOCIMIENTO DE LAS DISCIPLINAS. Ediciones Paidós.

 

En colaboración co CEIP Rosalía de Castro de A Coruña, participamos  no VI Encuentro Internacional APFRATO / VI CICI (Congreso Internacional de Creatividad e Innovación social) pedíndolles aos nenos/as de infantil e de primaria que, nunha sesión de Xogar a Pensar, defenderan o seu dereito ao xogo, á autonomía e á participación.

A idea da nosa proposta é mostrar como os/as nenos/as de diferentes idades son capaces de aportar reflexivamente ideas sobre un mesmo tema, respostando de diferentes xeitos según a idade de cada quen.

O resumo nesta ligazón, en videos nen@s páxina 3.

MAR Santiago Arca 

CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ONG "AYUDA EN ACCIÓN"

                                     

 

O CEIP Emilia Pardo Bazán, a ANPA Milnen@s e a ONG "Ayuda en Acción" recentemente suscribiron un convenio de colaboración no marco do programa de apoio á infancia: AHORA TOCA. Ámbalas entidades están interesadas en colaborar e apoiar accións que se leven a cabo a favor dos Dereitos da Infancia e a Educación para o Desenvolvemento e por elo consideran convinte a cooperación destas Instituciones no ámbito educativo.

Baixo o título do "Proyecto Teatral Interaulas" a ONG "Ayuda en Acción" subvencionará económicamente o desenvolvemento do citado proxecto, para a adquisición de vestiario, atrezzo, decorados, recursos tecnolóxicos... que facilitarán a representación da obra elixida para o actual curso escolar: A frauta máxica.

Por outra parte grazas ao convenio asinado con "Ayuda en Acción" o alumnado de 5 a 8 anos de idade poderá beneficiarse, a través do voluntariado corporativo de empresas colaboradoras, da realización de revisións oftalmolóxicas gratuitas, proporcionando incluso lentes aos alumnos/as que o necesitan. Estas revisións se farán previa autorización por escrito dos pais e das nais do citado alumnado.

 

MUDÁMONOS DE EDIFICIO cheas/os de novas aprendizaxes

 “… los niños dedican varios meses a explorar un  tema de interés. Son temas que atraen a los niños pequeños porque ofrecen una rica estimulación sensorial y plantean enigmas fascinantes… abordan estos objetos, temas y entornos desde muchos ángulos, reflexionan sobre cuestiones y fenómenos que surgen en el curso de sus exploraciones, y terminan creando obras que reflejan sus intereses y su aprendizaje…”.

Howard Gardner. LA EDUCACIÓN DE LA MENTE Y EL CONOCIMIENTO DE LAS DISCIPLINAS. Paidós.

 

A espera foi moito máis longa do que pensabamos, quizais por iso viviron con tanta intensidade as modificacións que se estaban a producir nos espacios que tan ben coñecían.

Nun principio pesabamos facer o traslado a finais do primeiro trimestre, polo que os corredores do edificio azul enchéronse de caixas. Pero á volta do Nadal atopámonos cunha nova nos xornais que dicia que non sería ata despois do entroido cando se abriría o edificio novo, aínda que finalmente foi ao remate das vacacións de Semana Santa.

Pero había tantas cousas que queriamos saber… e axuntando uns intereses con outros, crearon unha grande rede de conexións coa que atoparon respostas ás súas dúbidas.

No ficheiro adxunto convidámosvos a ver o proceso de investigación, en imaxes: 

MUDAMONOS from ceip_epb on Vimeo.

MAR Santiago Arca

O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN ROMÁN RODRÍGUEZ NO CEIP EMILIA PARDO BAZÁN

 

 

 

      O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañado do alcalde da cidade, Carlos Negreira, realizou unha visita ao novo edificio de educación infantil, que entrará en funcionamiento á volta das vacacións de Semana Santa.

Ver noticias relacionadas

Actualidade Xunta de Galicia 

La Opinión A Coruña

La Voz de Galicia

 

 

FESTAS DE ENTROIDO

Estimadas familias:

  Este centro permanecerá pechado os vindeiros día 16, 17 e 18 de febreiro de 2015, con motivo da festividade do Entroido.

  As clases comezarán novamente o xoves día 19 de febreiro de 2015 no horario habitual.

   Bo Entroido.

 

 

NOTICIA SOBRE A CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

CONMEMORACIÓNS DÍA DA PAZ

"UN LAPIS POLA PAZ"

      

 

 

Na semana do 26 ao 30 de xaneiro, no CEIP Emilia Pardo Bazán, realizaremos actividades conmemorativas do Día da PazDesde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi,  celébrase, todos  os  30 de  xaneiro, o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO no ano 1993.

Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a non violencia e a paz.

Durante toda a semana do 26 ao 30 de xaneiro soará pola megafonía a seguinte melodía gravada polo alumnado de 6ºA de primaria: OS NENOS QUEREMOS A PAZ .

O día 26 de xaneiro de 2015 abriremos o XVII Rastrillo Solidario creado coas aportacións desinteresadas das familias do noso alumnado e organizado polo persoal docente, non docente e ANPA Milnen@s. A exposición estará aberta no Salón de Usos Múltiples do colexio para que o alumnado a visite acompañado dos seus mestres durante a xornada da mañá.

 

 Rastrillo                  Día da Paz

Como en cursos anteriores a recadación obtida destinarase a unha entidade sen ánimo de lucro, concretamente ao Banco de Alimentos Rías Altas (BALRIAL).

A recadación obtida no Rastrillo Solidario foi de 2.480,40 €

A nivel de traballo colectivo cabe destacar a creación dun mural conmemorativo do Día da Paz, baixo o lema “UN LAPIS POLA PAZ” composto por frases alusivas á conmemoración.

O venres día 30 de xaneiro conmemoraremos todos xuntos o DIA DA PAZ.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut