Skip to Content

Actualidade

DEREITOS DOS NENOS E NENAS

20 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

 

Traballo feito polo alumnado de Educación Infantil do noso cole (preme na imaxe para velo)

Onda Ti

Unha das actividades máis motivadoras e que nos uniu durante ese longo confinamento, foi o noso programa de radio Onda Ti. Esperabamos con ansia o domingo pola mañá para poder escoitarnos e sentirnos un pouquiño máis preto e que rematou cando xa nos podiamos ver e saír de novo.

A entrevista á nosa Alcaldesa, Inés Rey, foi o remate desa primeira tempada e con ela quixemos comezar esta nova, pero agora en directo, no noso recentemente estreado estudio de radio.

Hoxe puidemos realizar esa entrevista que poderedes escoitar a partir da vindeira semana na que publicaremos o programa que se foi preparando nos meses de outubro e novembro.

 Moitísimas grazas pola túa visita!!!!

Escoitámonos en Onda Ti!

 

Asemblea ANPA

AVISO ANPA

No blog da ANPA hai información importante sobre os cambios na súa próxima asemblea do xoves día 29:

https://milnenosgalego.blogspot.com/2020/10/cambios-na-asemblea-do-xoves...

AVISO IMPORTANTE!!!!

AVISO IMPORTANTE!!!

Estimadas familias:

O Equipo directivo e o Equipo Covid do Centro están a seguir o protocolo establecido polas autoridades sanitarias desde o momento no que se recibe a notificación dun caso confirmado positivo.

O Protocolo indica que o equipo COVID do Centro comunica a incidencia de forma inmediata ás Xefaturas Territoriais de Educación e Sanidade. Será esta última quen determine as medidas a adoptar no Centro e contactará coas familias que poideran estar afectadas.

Os centros educativos temos a obriga de gardar a confidencialidade e garantir o anonimato de posibles afectados segundo establece a Lei de Protección de Datos.

Atentamente.

Equipo directivo e Equipo COVID.

Actividades extraescolares

Mañá día 1 de outubro comezarán as actividades extraescolares organizadas pola ANPA.

Máis información nesta enlace ANPA.

ENKI

 Na galería poderedes ver entre outros o flamante primeiro premio. Noraboa. 

  

 

O curso pasado participamos como cole na carreira ENKI: "Los piratas del Emilia".

Este ano é especial e será virtual, pero voltaremos a participar como centro e como familia, co mesmo nombre e ca mesma ilusión. Animádevos a participar, a ANPA dinos cómo podemos facelo.

Desde o cole propoñeremos, na semana do 5 ao 10, retos diarios para que fagades en familia dun xeito divertido e compartades con nós.

 

 

 SEMANA ENKI

Tiñamos moitas ganas de que chegara esta semana e xa está aquí!!

Aínda que este ano é virtual non vamos a deixar de participar e pasalo ben, esta vez en familia e na casa pero ca mesma ilusión.

Para que vos animedes a participar, cada día retarémosvos a facer diferentes probas.

Seredes capaces de superalas?

Ao final da semana enviade ao correo emiliapb21@gmail.com, as probas de que fostes capaces de pasar os nosos retos, poden ser fotos ou vídeos.

 

A POR TODAS CORREDORES E CORREDORAS!!

 

 

RETOS DA SEMANA

LUNS

MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

 

No seguinte enlace tedes a información da ANPA e como participar:

carreira ENKI

ÍDESVOLO PERDER? estade atentos....

INTERESANTE VÍDEO DUNHA PEDIATRA SOBRE O COVID19 E A VOLTA AO COLEXIO

Queremos compartir un vídeo que resolve moitas das dúbidas que xorden con respecto ao COVID19 como poden ser cándo debemos quedar na casa, ou quen ten que ser confinado entre outras. Para velo aquí tedes o acceso: https://www.facebook.com/luciamipediatra/videos/451449639114853/?extid=Po5J8i8OHmA0r3F4

CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

Publicada a Orde 25 de xuño de 2020 (DOG do 9 de xullo) pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020-2021.

Distribuir contido


by Dr. Radut