Normalización Lingüística

DÍA DA INFANCIA_2017

Na semana do 20 ao 24 de novembro conmemoramos no noso colexio o Día do neno/a e fixemos varias actividades arredor deste tema:

·        

O alumnado de 6º A preparou un mural para a entrada do centro onde recolleu os dereitos da infancia.

·     Todas as titorías de E. Infantil e E. Primaria colaboraron na realización doutro mural onde, arredor dun pallaso, colocamos unhas caixiñas co nome dun dereito dos nenos e nenas.

 

O

       O concello de Arzúa organizou unha serie de actuacións, na Casa da Cultura, ás que acudiu o alumnado do noso colexio. O 20 de novembro Caramuxo Teatro representou "Feo!" para os nenos e nenas de E. Infantil. O 21 de novembro a compañía Redrum Teatro sorprendeu ao alumnado de 1º, 2º e 3º de E. Primaria coa obra "A nena que quería navegar". Nela cóntase a historia dunha rapaza que sofre acoso escolar.  E o 22 de novembro, o grupo de percusión Odaiko, trouxo o espectáculo "Vaia circo", que por mor do temporal que houbo ese día, trasladouse ao 20 de decembro. Estas imaxes corresponden ao espectáculo musical de Odaiko dirixido aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de E. Primaria.

                    

    

     Nas titorías de 4º, 5º e 6º E.P traballouse  coa película "Buda explotó por vergüenza", que relata a historia dunha nena afgana que loita por ir á escola e recibir unha educación. Unha película fermosa que invita ao debate e á reflexión.

N

MAGOSTO_2017

TEMPO DE SAMAÍN_2017

Chegou o tempo do Samaín e, no noso colexio, quixemos recordar esta festa de orixe celta con estas actividades:

  • Recuncho de contos de medo na Biblioteca.

 

                  

  • Redacción de contos de medo nas titorías de 4º, 5º e 6º E.P.

 

  • Decoración de corredores e entrada con vasoiras e cabazas, decoradas con motivos do circo.

       

  • E non podía faltar un "bruxiño" para contarlles contos de medo ao alumnado de E. Infantil.

     

DÍA DAS BIBLIOTECAS_2017

Para conmemorar esta data no noso centro fixéronse varias actividades:

- Mural co lema: "E ti que les?" Nel colocamos as portadas dos libros que fixeron os nenos e nenas de todo o centro. Escolleuse unha de cada clase e co resto decoráronse os corredores.

- Mural dedicado ao libro "Poemar o mar", co que Antonio García Teijeiro acaba de ganar o Premio nacional de literatura infantil. Cada titoría de E. Primaria escolleu un poema do libro, para escribilo e ilustralo.

                                 

- Tivemos unha sesión de animación á lectura na Biblioteca. Estes son algúns momentos da mesma.

                    

 

                      

LETRAS GALEGAS 2017

Este mes de maio celebramos no noso centro o Día das Letras Galegas. Fixéronse moitas actividades a nivel de aula, traballando a figura de Carlos Casares, o escritor homenaxeado este ano. 

 

 

      

O mural que se colocou na entrada!! A frase que se escolleu pertence a Daniel Rodríguez Castelao e as palabras enxebres que pegamos nel foron escollidas polos nenos e nenas de 6º E. Primaria.

  

O 15 de maio visitounos o polifacético artista noiés Serafín Marcos que nos ofreceu, durante preto dunha hora, unha representación da vida e obra de Carlos Casares. 

         

 Concerto de alumnos/as para conmemorar as Letras Galegas!! O venres, 19 de maio puidemos gozar das actuacións preparadas pola profesora de Música.  Aquí tedes algunha delas!!                          

                                                                     

              

DIA DO LIBRO 2017

O día 27 de abril tivo lugar no colexio a conmemoración do Día do Libro (23 de abril).

Como vén sendo habitual fixémolo coa actividade "Comparticontos", na que os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de E.P representaron ao resto de compañeiros/as contos elixidos por eles mesmos.

Foi unha actividade chea de diversión na que todos nos achegamos ao pracer da lectura e dos libros a traves da expresión oral, da espontaneidade e da dramatización.

Aqui tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos!

      

      

      

      

      

O panel da entrada foi realizado polo alumnado de 5º B. A frase escollida para esta ocasión pertence ao ilustre escritor español, Miguel de Cervantes.

RELATOQUEIXOS...

Os nenos e nenas de 5º participamos noconcurso de relatos de Queixería Barral.

A parte de levar o primeiro premio un compañeiro noso, Brais Giadás, quedámonos cun bo sabor de boca xa que creamos literatura cunha temática moi da zona: o queixo.

Se queres lelos preme aquí

VISITA AO CORREO GALLEGO

Co gallo da SEMANA DA PRENSA e para completar as actividades realizadas dentro e fóra da aula con xornais, organizamos unha saída de noite as instalacións do Correo gallego no polígono Costa A Vella.

Foi unha experiencia inesquecible!!!!

                       Visita ao correo gallego

 
E saímos no xornal o domingo día ) de abril como noticia en sociedade!!!
 
 

SEMANA DA PRENSA

Durante o mes de marzo leváronse a cabo diferentes actividades no colexio que xiraron arredor dos xornais.

- En Educación Infantil de 3 anos pasárono así de ben pintando e escribindo os seus nomes:

 

             

 - En Educación Infantil de 4 anos os nenos e nenas estiveron investigando sobre o mundo da prensa escrita: para que serve, que cousas vemos nela, que partes ten, como se chaman as profesións das persoas que a fan, etc.

                                                          

 

- En Infantil de 5 anos fixeron un xornal e quedou así de bonito:

 CLICA AQUÍ  

 

- En 3º E.P. xogaron a relacionar títulos, subtítulos e fotos a partir dos recortes que se lles deron, manipularon os xornais para descubrir como se organizan as noticias en distintas seccións, logo convertéronse en xornalistas para redactar as súas noticias e, por último, na clase de Plástica fixeron collages usando os xornais. 

              

 

 

           

 

- En 5º E.P os nenos e nenas tamén fixeron actividades cos xornais. Traballaron a comprensión lectora dunha maneira diferente. Clasificaron noticias e despois de lelas contestaron ás preguntas de: Que?, quen?, onde?, cando?, como?...

 

Powered by Drupal - Design by artinet